BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 42
  • De verdade é tan grave ser malfalado?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • De verdade é tan grave ser malfalado?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Pregúntate
  • Por que debería importarche
  • Que podes facer
  • Como podes agradarlle a Xehová coa túa fala?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 42
Un rapaz escoita a un grupo de rapazas dicindo palabras malsoantes.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

De verdade é tan grave ser malfalado?

“Estou tan afeito a oír palabras malsoantes que xa non me molesta. Paréceme algo normal.” (Christopher, 17)

“Cando era máis nova, era moi malfalada. Foi un costume moi fácil de coller pero moi difícil de deixar.” (Rebecca, 19)

  • Pregúntate

  • Por que debería importarche

  • Que podes facer

  • O que opinan outros mozos

Pregúntate

  • Moléstache que outros sexan malfalados?

    • Nin conta me dou, xa estou afeito.

    • Un pouco, pero non lles digo nada.

    • Moito, non o soporto.

  • Con que frecuencia dis ti palabras malsoantes?

    • Nunca.

    • De vez en cando.

    • Moitas veces.

  • Cres que está mal?

    • Non.

    • Si.

Por que debería importarche

Pensas que ser malfalado é algo tan malo? Poida que a túa resposta sexa: “Non moito, hai problemas máis importantes polos que preocuparse. Ademais, todo o mundo é malfalado!”. Pero, é certo iso?

Aínda que che custe crelo, hai moitas persoas que se esforzan por non usar este tipo de palabras. E teñen boas razóns para facelo. Vexamos algunhas:

  • Non son só palabras. A túa fala revela a túa forma de pensar. Se es malfalado podes dar a entender que non che importan os sentimentos dos demais. É esa a clase de persoa que queres ser?

    A Biblia di: “Pero o que sae pola boca procede do corazón” (Mateo 15:18).

    Un grupo de rapaces separándose dun mozo que di palabras malsoantes coma se saíse fume tóxico dunha fábrica.

    A fala vulgar pódese comparar á contaminación. Para que expoñernos nós ou expoñer a outros?

  • Dana a túa imaxe. O libro Cuss Control di: “A forma na que falamos pode influír en quen van ser os nosos amigos, canto nos van respectar os nosos familiares e compañeiros de traballo, como serán as nosas relacións, canta influencia teremos, se imos conseguir un traballo ou un ascenso e como nos van ver as persoas que non nos coñecen”. E engade: “Pregúntate se as túas relacións cos demais mellorarían se deixases de dicir xuramentos”.

    A Biblia di: “Liberádevos de [...] palabras ferintes” (Efesios 4:31, TNM).

  • Non te fai quedar tan ben como ti pensas. O doutor Alex Packer, no seu libro How Rude!, di: “Cansa moito escoitar a unha persoa que está todo o tempo dicindo xuramentos”. E engade que ser malfalado “non permite que te expreses con enxeño, intelixencia ou empatía. Se o teu vocabulario é pobre, descoidado ou sen imaxinación, a túa mente tamén o será”.

    A Biblia di: “Que non saia da vosa boca unha palabra ruín” (Efesios 4:29).

Que podes facer

  • Ponte unha meta. Por que non intentas deixar de dicir palabras malsoantes durante un mes? Poderías ir anotando o teu progreso nun calendario ou nunha folla de papel. Con todo, para alcanzar a túa meta deberás facer algunha cousa máis. Por exemplo:

  • Evita o entretemento que te bombardea con linguaxe vulgar. A Biblia di: “Malas compañías estragan bos costumes” (1 Corintios 15:33). Neste versículo a palabra compañías non só se refire ás persoas, tamén ás películas, ós videoxogos e ás cancións que escollas. Kenneth, de 17 anos, di: “É moi fácil deixarte levar polo ritmo dunha canción que che gusta sen darte conta de que a letra que estás cantando é vulgar”.

  • Demostra que es unha persoa madura. Algunhas persoas son malfaladas porque pensan que así parecen maiores. Pero en realidade a persoa madura “é capaz de distingui-lo bo do malo” (Hebreos 5:14). Así que non rebaixa os seus valores morais dicindo groserías para impresionar a outros.

A fala vulgar pódese comparar á contaminación. Igual que a contaminación ensucia o aire, a fala vulgar ensucia a túa mente porque che fai pensar en cousas sucias ou inmorais. E diso xa hai dabondo no mundo! O libro Cuss Control, tamén recomenda: “Non engadas máis sucidade. Axuda a crear un ambiente limpo coas túas palabras. Ti sentiraste mellor e tamén farás que os demais se sintan mellor”.

O QUE OPINAN OUTROS MOZOS

Jared.

“Cando es malfalado non dás boa imaxe. Se non podes acabar unha frase sen dicir unha palabra vulgar, os demais van pensar que tes un vocabulario moi limitado.” (Jared)

Jennifer

“Todos temos que escoller a forma na que nos imos expresar. Non sempre é fácil, pero temos que pensar antes de falar. É posible desfacerse da fala vulgar.” (Jennifer)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir