BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 69
  • Por que debería orar?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que debería orar?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que é a oración?
  • Escoitarame Deus?
  • Sobre que podo orar?
  • Achégate a Deus mediante a oración
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como orarlle a Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Acheguémonos a Xehová mediante a oración
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Valoremos o privilexio da oración
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 69
Unha rapaza sentada na beira dun lago.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Por que debería orar?

Segundo unha enquisa, case o 60% dos adolescentes en España din que non oran nunca. Por iso, poida que algúns rapaces se pregunten se a oración é só unha axuda psicolóxica, ou se é algo máis.

  • Que é a oración?

  • Escoitarame Deus?

  • Sobre que podo orar?

  • O que opinan outros mozos

Que é a oración?

A oración é a forma que temos de comunicarnos co noso Creador. Pensa no que iso significa. Aínda que Xehová é moi superior ós humanos, el “non está lonxe de cada un de nós” (Feitos 17:27). De feito, a Biblia contén esta invitación: “Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8).

Como podes achegarte a Deus?

  • Unha maneira é orando. Así é como lle falas ti a Deus.

  • Outra maneira é estudando a Biblia. Así é como Deus che fala a ti.

Cando oras e estudas a Biblia, estás falando e escoitando a Xehová. Iso axudarache a conseguir unha amizade forte con Deus.

“Falar con Xehová, é dicir, comunicarse co Altísimo, é un dos maiores privilexios que un humano pode ter” (Jeremy).

“Contarlle a Xehová os meus sentimentos máis profundos mediante a oración fai que me sinta máis cerca del” (Miranda).

Escoitarame Deus?

Aínda que creas en Deus, e incluso lle ores, poida que che resulte difícil crer que de verdade te escoita. Pero a Biblia di que Xehová escoita as oracións (Salmo 65:3 [65:2, TNM]). E mesmo fai esta invitación: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias, que El coida de vós” (1 Pedro 5:7; cursiva nosa).

Pensa nisto. Sacas tempo a miúdo para falar cos teus mellores amigos? Podes facer o mesmo con Deus. Fálalle con regularidade e, cando o fagas, usa o seu nome: Xehová (Salmo 86:5-7; 88:10 [88:9, TNM]). De feito, a Biblia dinos: “Orade constantemente” (1 Tesalonicenses 5:17).

“A oración é unha conversa entre o meu Pai celestial e mais eu, na que lle abro por completo o meu corazón” (Moises).

“Cóntolle a Xehová as cousas máis profundas, igual que faría coa miña nai ou cos meus mellores amigos” (Karen).

Sobre que podo orar?

A Biblia di: “Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de gracias” (Filipenses 4:6; cursiva nosa).

Significa iso que lle podes falar dos teus problemas? Por suposto! De feito, a Biblia di: “Bota a túa carga sobre Xehová, e el vaite soster” (Salmo 55:22, TNM).

Claro, cando lle ores a Deus, non só deberías falarlle dos teus problemas. Unha rapaza chamada Chantelle di: “Non sería unha boa amiga de Xehová se só lle oro para pedirlle cousas. Sinto que o máis importante debería ser darlle as grazas, e a lista de cousas polas que lle estou agradecida é moi grande”.

Pensa nisto. Por que cousas estás agradecido? Ocórrenseche tres cousas polas que darlle as grazas a Xehová hoxe?

“Incluso algo simple, como mirar unha fermosa flor, pode movernos a orarlle a Xehová para darlle as grazas” (Anita).

“Medita en algo que te impresione da creación ou nun versículo da Biblia que de verdade che toque o corazón. Despois agradécello a Xehová” (Brian).

O que opinan outros mozos

Moises

“A profundidade das nosas oracións debería ser coma un océano, non coma un charco. Xehová quere axudarnos. Aínda que sabe o que necesitamos incluso antes de que llo pidamos, podemos demostrar canto confiamos nel polo profundas que son as nosas oracións” (Moises).

Miranda

“A oración é como unha corda que Xehová colle por un lado e eu polo outro. Cando lle conto algo moi íntimo, sinto como se me agarrase forte a esa corda e Xehová fixese o mesmo. Así a nosa amizade faise máis estreita” (Miranda).

Jeremy

“Se non temos coidado, as nosas oracións poderían converterse nunha lista de desexos. Pero ó darlle grazas a Xehová, chegamos a valorar tódalas cousas que nos deu e non centramos as oracións só en nós mesmos” (Jeremy).

Shelby

“Canto máis lle deamos as grazas a Xehová, máis agradecidos chegaremos a ser. Orarlle a Xehová para darlle as grazas axúdanos a centrarnos nas bendicións que recibimos, en vez de en tódolos problemas que afrontamos” (Shelby).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir