BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 13 páxs. 28-29
  • Timoteo quería axudar os demais

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Timoteo quería axudar os demais
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • Paulo e Timoteo
    Aprendamos das historias da Biblia
  • “Fortalecendo as congregacións”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 13 páxs. 28-29
Timoteo cando era neno aprendendo da súa nai Eunice e da súa avoa Loide

LECCIÓN 13

Timoteo quería axudar os demais

Timoteo era un mozo que desfrutaba facendo cousas boas polos demais. Viaxou a moitos sitios para axudar a outros, e por iso tiña unha vida moi emocionante. Gustaríache saber como foi?—

A nai e a avoa de Timoteo ensináronlle acerca de Xehová

Timoteo criouse nunha cidade chamada Listra. Xa dende pequeniño, a súa avoa, Loide, e maila súa nai, Eunice, aprendéronlle cousas de Xehová. Segundo ía crecendo, Timoteo tamén quería axudar a outros a aprender de Xehová.

Cando Timoteo era novo, Paulo preguntoulle se quería viaxar con el para predicar noutros sitios. Timoteo díxolle: “Por suposto!”. Estivo disposto a marchar para axudar a outras persoas.

Timoteo e Paulo viaxaron a unha cidade de Grecia chamada Tesalónica. Para chegar aló, tiveron que camiñar moito e despois coller un barco. Cando por fin chegaron, axudaron a moita xente a aprender acerca de Xehová. Pero outros anoxáronse e intentaron facerlles dano. Así que Paulo e mais Timoteo tiveron que marchar a predicar a outro lado.

Timoteo viaxando co apóstolo Paulo nun barco

Timoteo tivo unha vida feliz e emocionante

Uns meses despois, Paulo pediulle a Timoteo que volvese con el a Tesalónica para ver que tal estaban os irmáns de alí. Facía falta moito valor para volver a aquela cidade tan perigosa! Pero Timoteo quixo ir porque estaba preocupado polos irmáns que vivían alí. Cando volveu da viaxe, deulle boas noticias a Paulo: ós irmáns de Tesalónica íalles moi ben!

Timoteo traballou con Paulo durante moitos anos. Paulo chegou a escribir que Timoteo era a mellor axuda que podía enviar ás congregacións. Timoteo quería a Xehová e ás persoas.

Ti tamén queres ás persoas? Gustaríache axudarlles a aprender sobre Xehová?— Se así o fas, podes ter unha vida tan feliz e emocionante coma a de Timoteo!

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • 2a Timoteo 1:5; 3:15

  • Feitos 16:1-5; 17:1-10

  • 1a Tesalonicenses 3:2-7

  • Filipenses 2:19-22

PREGUNTAS:

  • Onde se criou Timoteo?

  • Quería Timoteo viaxar con Paulo? Por que?

  • Por que volveu Timoteo a Tesalónica?

  • Que podes facer ti para ter unha vida tan feliz e emocionante coma a de Timoteo?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir