BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 100 páx. 232-páx. 233 par. 2
  • Paulo e Timoteo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Paulo e Timoteo
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Timoteo quería axudar os demais
    Aprendamos da Biblia en familia
  • “Fortalecendo as congregacións”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • “Razoou con eles usando as Escrituras”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 100 páx. 232-páx. 233 par. 2
Paulo, Silas e Timoteo

CAPÍTULO 100

Paulo e Timoteo

Eunice, Loide e o pequeno Timoteo

Timoteo era un irmán xove da congregación de Listra. Súa nai era xudía e seu pai grego. Súa nai chamábase Eunice e súa avoa Loide. Elas ensináronlle acerca de Xehová dende pequeno.

Na segunda xira de predicación, Paulo visitou Listra e viu que Timoteo estimaba moito os irmáns e quería axudalos. Entón, invitouno a acompañalo na súa viaxe. Co tempo, Paulo preparou a Timoteo para ser un bo predicador e mestre das boas novas.

O espírito santo guiaba a Paulo e Timoteo para que soubesen onde ir. Unha noite, un home díxolle a Paulo nunha visión que fose a Macedonia a axudalos. Así que Paulo, Timoteo, Silas e Lucas foron alí a predicar e a formar congregacións.

Nunha cidade de Macedonia chamada Tesalónica, moitos homes e mulleres fixéronse cristiáns. Pero algúns xudeus tíñanlle envexa a Paulo e ós seus compañeiros. Xuntaron unha morea de xente mala e arrastráronos onda os gobernantes da cidade, berrando: “Estes homes son inimigos do imperio romano!”. Como as súas vidas corrían perigo, Paulo e Timoteo fuxiron pola noite a Berea.

A xente de Berea tiña moitas ganas de escoitar as boas novas, e tanto gregos como xudeus fixéronse cristiáns. Pero, entón, algúns xudeus de Tesalónica viñeron armar alboroto. Paulo marchou para Atenas, e Timoteo e Silas quedaron en Berea para animar os irmáns. Co tempo, Paulo mandou a Timoteo de volta a Tesalónica para axudar ós irmáns a aguantar unha gran persecución. Despois, enviouno a visitar moitas outras congregacións para animalas.

O apóstolo Paulo arrestado nunha casa e encadeado a un garda ditándolle unha carta a Timoteo

Paulo díxolle a Timoteo: “Os que queren servir a Xehová serán perseguidos”. A Timoteo perseguírono e metérono no cárcere pola súa fe. Pero sentiuse moi feliz por poder demostrar a súa lealdade a Xehová.

Paulo díxolles ós filipenses: “Envíovos a Timoteo. Vaivos ensinar o que significa vivir como un servo de Xehová, e como predicar”. Paulo sabía que podía confiar en Timoteo. Serviron xuntos a Xehová por moitos anos e foron moi bos amigos.

“Non teño ninguén coma el que mire lealmente polas vosas cousas; que todos andan á súa comenencia, non á de Xesús Cristo” (Filipenses 2:20, 21)

Preguntas. Quen foi Timoteo? Por que Paulo e Timoteo foron tan bos amigos?

Feitos 16:1-12; 17:1-15; Filipenses 2:19-22; 2 Timoteo 1:1-5; 3:12, 14, 15; Hebreos 13:23

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir