FAI DISCÍPULOS
LECCIÓN 12
Franqueza
Principio bíblico: “Aceite e incenso alegran o corazón, igual que a doce amizade que nace dun consello sincero” (Pr. 27:9, TNM).
Que fixo Xesús?
1. Mira o VÍDEO ou le Marcos 10:17-22. Despois pensa nas seguintes preguntas:
Que boas calidades viu Xesús no gobernante?
Por que necesitou Xesús amor e valor para aconsellalo?
Que podes aprender de Xesús?
2. Para axudar ós nosos estudantes a acercarse a Xehová temos que falarlles de forma amorosa, pero tamén con franqueza.
Imita o exemplo de Xesús
3. Axuda ó estudante a poñerse metas e a alcanzalas.
Usa a sección “Intenta isto” de cada lección do libro Desfruta da vida para sempre!
Axúdalle a saber que pasos ten que dar para alcanzar metas a curto e a longo prazo.
Sempre que poidas, felicítao polo seu progreso.
4. Identifica os obstáculos que lle impiden progresar e axúdalle a superalos.
Pregúntate:
Se o estudante non está dando pasos para bautizarse, que llo dificulta?
Que podo facer para axudarlle?
Pídelle a Xehová que che dea valor para explicarlle con franqueza e cariño o que ten que facer.
5. Interrompe o curso se o estudante non dá pasos.
Usa as seguintes preguntas para comprobar se o teu estudante está progresando:
Aplica o que está aprendendo?
Asiste ás reunións de congregación e fala con outros sobre o que está aprendendo?
Se xa estudou por un tempo, quere ser testemuña de Xehová?
Se o estudante non quere dar pasos:
Anímao a pensar en que cousas llo están impedindo.
Explícalle con cariño por que interrompes o curso.
Explícalle tamén que cambios ten que facer se quere retomar o curso.
VER TAMÉN
Sal. 141:5, TNM; Pr. 25:12; 27:6, TNM; 1 Cor. 9:26; Col. 4:5, 6, TNM