A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Interrompamos o curso da Biblia se o estudante non avanza
POR QUE É IMPORTANTE. Para salvarse, hai que invocar o nome de Xehová (Rm. 10:13, 14). Porén, iso non significa que tódalas persoas que comezan un curso da Biblia queiran obedecer as Súas normas. Aproveitemos o tempo que dedicamos a predicar e ensinar axudando a quen de verdade está disposto a facer os cambios precisos para achegarse a Xehová. Se un estudante non fai progresos significativos logo dun tempo razoable, o mellor é deixalo e centrar os nosos esforzos nas persoas ás que Xehová atrae cara a el e ó seu pobo (Xn. 6:44). Agora ben, se no futuro a persoa fai cambios e se mostra favorable a aceptar a mensaxe da Biblia, estaremos encantados de recomezar o curso (Feit. 13:48).
COMO O FAGO
Felicita o estudante por querer chegar a un “coñecemento da verdade” (1 Tim. 2:4).
Explícalle a importancia de que poña en práctica o que aprende (Lc. 6:46-49).
Coméntalle con tacto a parábola do sementador, e anímao a pensar en que lle impide poñer en práctica o que aprende (Mt. 13:18-23).
Explícalle con delicadeza por que vas interromper o curso.
Dille que de vez en cando o visitarás para animalo, e que no futuro poderá recomezar o curso se fai algún progreso.
DESPOIS DE VER O VÍDEO, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
Que aprendiches da conversa na que se vía que o estudante non estaba poñendo en práctica o que aprendía?
Que fixo o predicador para axudarlle a entender que debía facer cambios?
Como lle explicou o predicador que podería retomar o curso da Biblia máis adiante?