Sección de preguntas
◼ Cando sería apropiado deixar de estudar a Biblia con alguén?
Se ves que alguén que estuda a Biblia con nós non dá pasos na súa relación con Xehová, quizais sexa o momento de dicirlle con tacto que non seguirás estudando con el (Mt. 10:11). Faite estas preguntas: cumpre co horario que tedes marcado para estudar? Prepara con antelación a información que ides estudar? Foi algunha vez ás reunións? Fala con outros do que vai aprendendo? Está facendo cambios de acordo coas ensinanzas bíblicas? Con todo, ten en conta a súa idade e capacidade, xa que cada persoa vai a un ritmo diferente. Se decides deixar de estudar con alguén, faille saber que nun futuro estarías encantado de volver estudar con ela se así o desexa (1a Tim. 2:4).