A NOSA VIDA CRISTIÁ
As cancións do Reino infúndennos valor
Cando estaban na cadea, Paulo e Silas cantaron louvanzas a Xehová (Feit. 16:25). En tempos máis recentes, algúns dos nosos irmáns cantaron cancións do Reino cando estaban presos no campo de concentración de Sachsenhausen durante a Alemaña nazi, e durante o exilio en Siberia. Estes exemplos demostran o poder que teñen as cancións para infundirnos valor cando afrontamos probas.
O novo cancioneiro titulado Cantemos con gozo a Jehová pronto estará dispoñible en moitos idiomas. Sen importar de que cancioneiro dispoñamos no noso idioma, podemos practicar as cancións durante a adoración en familia para aprender as letras (Ef. 5:19). Así, cando afrontemos dificultades o espírito santo axudaranos a lembralas. As cancións do Reino axúdannos a centrarnos na nosa esperanza e dannos forzas nos momentos difíciles. E mesmo cando todo vai ben, as súas animadoras letras fan que cantemos con alegría reflectindo a nosa felicidade interior (1 Cró. 15:16; Sal. 33:1-3). Polo tanto, deamos o mellor uso posible ás cancións do Reino.
DESPOIS DE VER O VÍDEO UNHA CANCIÓN QUE ROMPEU AS CADEAS RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
Que circunstancias levaron o irmán Frost a compoñer unha canción?
Que efecto tivo esta canción nos irmáns que estaban no campo de concentración de Sachsenhausen?
En que situacións da vida diaria cres que te axudarían as cancións do Reino?
Que cancións do Reino che gustaría aprender de memoria?