A NOSA VIDA CRISTIÁ
Que aprendemos das cancións?
Cales son as túas cancións favoritas de JW Broadcasting®? Que é o que máis che gusta delas? Cres que os vídeos reflicten situacións da vida cotiá? Con tanta variedade de temas e estilos musicais, malo será que non che guste algunha. Non obstante, as cancións e os vídeos musicais non só serven para pasar o tempo.
De cada canción podemos tirar leccións para despois aplicalas na vida e na predicación. Algúns dos temas que tratan son a hospitalidade, a unidade, a amizade, o valor, o amor e a fe. Outras falan de volver a carón de Xehová, saber perdoar, ser íntegros e buscar máis xeitos de servir a Deus. Mesmo hai unha canción que fala de usar o móbil con sentidiño. Que outras ideas prácticas atopaches nas cancións?
DESPOIS DE VER O VÍDEO NON QUEDABA NADA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS: