BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hdu artigo 18
  • Cancións que nos achegan a Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cancións que nos achegan a Xehová
  • Como se usan as túas doazóns
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Unha ollada entre bastidores
  • “Sonche un salvavidas espiritual”
  • Cantemos a Xehová con alegría
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Idea para estudar
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Que aprendemos das cancións?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • As cancións do Reino infúndennos valor
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
Como se usan as túas doazóns
hdu artigo 18
Unha irmá escoita unha canción no seu teléfono usando auriculares.

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Cancións que nos achegan a Xehová

1 DE NOVEMBRO DE 2021

A música é un fermoso agasallo de Xehová que pode mellorar o noso estado de ánimo e mesmo motivarnos. Este é o caso das nosas cancións. De feito, poden facer moito máis: poden achegarnos a Xehová.

Dende 2014, fixéronse unhas 70 cancións e polo menos unha delas está dispoñible en máis de 500 idiomas. Poida que te preguntes: “Quen traballa nestas cancións e como se crean?”.

Unha ollada entre bastidores

Baixo a guía do Comité de Ensino do Consello Reitor, un grupo de irmáns do Departamento de Servizos Audiovisuais, fan as cancións. O Equipo de Produción Musical está composto por 13 irmáns que axudan coa organización, a composición, a enxeñería de son e outras tarefas necesarias. Ademais, o Comité de Ensino aprobou que voluntarios a distancia de todo o mundo participen nestas tarefas, incluíndo compositores, músicos e cantantes. Estes irmáns utilizan con humildade as súas habilidades sen buscar o seu recoñecemento persoal.

Nun estudio de gravación, uns irmáns crean a música dunha canción usando ordenadores e outro equipamento.

Como se fai unha canción? Primeiro, o Comité de Ensino decide que pasaxes da Biblia servirán como base para a canción, así como que sentimentos queren transmitir. Despois, o Equipo de Produción Musical asigna quen comporá a música e quen escribirá a letra. Con todo isto prepárase unha gravación preliminar. O Comité de Ensino revisa a gravación e dá suxestións. Por último, o equipo faille os axustes necesarios á canción e grava a versión final. As cancións grávanse en distintas localizacións, dende sucursais ata casas particulares.

Un irmán tocando a batería durante unha gravación.

Para compoñer e gravar as cancións os nosos irmáns usan diferentes programas informáticos. Neste traballo tamén son necesarios instrumentos musicais, mesturadores de son, amplificadores, altofalantes e micrófonos. Cada un destes micrófonos custa entre uns 80 e 900 euros. No ano 2020, gastáronse un 100.000 euros en equipos de gravación.

Varios micrófonos nun estudo de gravación.

Que se fai para aforrar os cartiños? En lugar de ter moitos irmáns en Betel, úsanse voluntarios a distancia. Ademais, non se grava cunha gran orquestra, senón que os irmáns compoñen e gravan a música dixitalmente.

“Sonche un salvavidas espiritual”

Ós irmáns encántalles escoitar as cancións. Tara, que vive en Alemaña, di: “Cando teño ansiedade, as cancións axúdanme a relaxarme. Escoitalas na lingua do meu corazón faime sentir coma se Xehová me dese unha aperta”. Dimitri, un irmán de Kazakhistán, di: “Encántame escoitar as cancións sen ter que preocuparme pola letra. Sei que todo o que din está de acordo coa Biblia e ademais axúdanme a estar centrado nos asuntos espirituais”.

Delia, unha irmá de Suráfrica, explica como a fan sentir as cancións: “Sonche un salvavidas espiritual para min. Cando estou triste ou enfronto un problema sempre hai unha canción que me axuda nesa situación. A miúdo, con só escoitar a melodía, mellora o meu estado de ánimo”.

Para moitos, estas cancións están entre as súas favoritas. Lerato, unha irmá que vive en Suráfrica, di: ”As cancións Non quedaba nada e O novo mundo que virá fanme sentir coma se lle estivese dando a benvida á miña nai cando volva a vivir. Cada vez que escoito estas cancións, véxoa correndo cara min cos brazos abertos”.

Unha destas cancións axudoulle moito a unha adolescente de Sri Lanka. Ela comenta: “Por ser testemuña de Xehová, a miña profesora de ciencias díxome cousas desagradables diante de toda a clase. Asusteime e non souben que dicir. Cando cheguei á casa, a miña nai animoume a escoitar a canción Fuerte tú serás. A canción axudoume a ver que necesitaba investigar e prepararme para responderlle. Ó día seguinte falei coa miña profesora. Ela escoitoume e díxome que agora entendía mellor as miñas crenzas. Doulle moitas grazas á organización de Xehová por facer estas cancións tan animadoras”.

De onde veñen os cartos para facer estas cancións? Das doazóns para a obra mundial, moitas das cales se fan a través de donate.jw.org. Graciñas polas túas xenerosas doazóns.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir