A NOSA VIDA CRISTIÁ
Podes explicar por que cres en Deus?
Se alguén che preguntase por que cres na creación, que lle dirías? Se queres responder con seguridade, debes facer dúas cousas. Primeiro, investigar pola túa conta para asegurarte de que a vida foi creada (Rm. 12:1, 2). Segundo, pensar en como llo poderías explicar a outra persoa (Pr. 15:28).
DESPOIS DE VER OS VÍDEOS UNHA CIRURXIÁ ORTOPÉDICA EXPLICA POR QUE CRE EN DEUS E UN ZOÓLOGO EXPLICA POR QUE CRE EN DEUS, PENSA NAS RAZÓNS QUE TEÑEN PARA CRER NA CREACIÓN E RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Por que cre Irène Hof Laurenceau na creación máis ben que na evolución?
Por que cre Yaroslav Dovhanych na creación máis ben que na evolución?
Como lle explicarías a alguén por que cres na creación?
Que publicacións da organización de Xehová dispoñibles no teu idioma che axudan a demostrar que Deus é o Creador?