TESOUROS DA BIBLIA
Escolle sabiamente con quen vas casar
Salomón actuou de maneira irresponsable ó casar con mulleres que adoraban deuses falsos (1Re 11:1, 2; w18.07 páx. 18 par. 7).
As mulleres de Salomón fixeron que o seu corazón se apartase de Xehová (1Re 11:3-6; w19.01 páx. 15 par. 6).
Xehová enfadouse moito con Salomón (1Re 11:9, 10; w18.07 páx. 18 par. 9).
A Palabra de Deus di que non hai nada de malo en casar, “sempre que sexa cun cristián” (1Co 7:39). Aínda así, que alguén estea bautizado non significa que sexa a parella apropiada. Pregúntate: Vaime axudar esa persoa a servir a Xehová con toda a alma? Demostrou ó longo do tempo que ama profundamente a Xehová? Antes de casar, dedica tempo a coñecer ben a túa futura parella.