BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w23 febreiro páxs. 8-13
  • Sácalle máis proveito á túa lectura da Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sácalle máis proveito á túa lectura da Biblia
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • ENTENDE BEN O QUE LES
  • BUSCA TESOUROS ESPIRITUAIS CANDO LEAS
  • DÉIXATE MOLDEAR POLO QUE LES
  • LER A BIBLIA FAINOS FELICES
  • “Sede cumpridores da Palabra”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Como lle podes sacar o máximo proveito á Biblia
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como me pode axudar a Biblia? | Parte 3. Aproveita ó máximo a túa lectura da Biblia
    Preguntas da xuventude
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
w23 febreiro páxs. 8-13

ARTIGO DE ESTUDO 7

Sácalle máis proveito á túa lectura da Biblia

“¿Que les?” (LC. 10:26).

CANCIÓN sjj 97 A Palabra de Deus mantennos

AVANCEa

1. Por que podemos dicir que as Escrituras eran importantes para Xesús?

IMAXINA o que era escoitar como ensinaba Xesús. Moitas veces, citaba de memoria das Escrituras. De feito, as primeiras palabras que quedaron rexistradas despois do seu bautismo e algunhas das súas últimas palabras antes de morrer foron citas da Palabra de Deus (Dt. 8:3; Sal. 31:6 [31:5, TNM]; Lc. 4:4; 23:46).b Ademais, durante os tres anos e medio que pasaron entre eses dous momentos, leu das Escrituras en alto moitas veces, citou delas e explicounas (Mt. 5:17, 18, 21, 22, 27, 28; Lc. 4:16-20).

Serie de imaxes: 1. Xesús de neno escoitando o que lle din seus pais. 2.Xesús xa de rapaz coa súa familia escoitando con moita atención a lectura das Escrituras na sinagoga. 3.Xesús de adulto lendo dun rolo.

Durante a súa vida na Terra, Xesús demostrou que amaba as Escrituras e que deixaba que influísen no que facía (ver o parágrafo 2).

2. Que lle axudou a Xesús a coñecer ben as Escrituras a medida que ía medrando? (Ver a imaxe da portada da revista).

2 Anos antes de que empezase o seu ministerio, Xesús xa lera e escoitara a Palabra de Deus moitas veces. Por exemplo, non hai dúbida de que Xosé e María tiñan o costume de citar das Escrituras nas súas conversacións (Dt. 6:6, 7).c Ademais, podemos estar seguros de que Xesús ía á sinagoga cada sábado coa súa familia (Lc. 4:16). Alí estaba moi atento cando se lían as Escrituras. Co tempo, el tamén aprendeu a ler estes textos sagrados. Grazas a iso, non só chegou a coñecer ben a Palabra de Deus senón tamén a amala e a deixar que influíse no que facía. Por exemplo, pensa no que pasou no templo cando Xesús só tiña 12 anos. Os mestres da Lei de Moisés “estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións” (Lc. 2:46, 47, 52).

3. Que imos analizar neste artigo?

3 Nós tamén podemos chegar a coñecer e amar a Palabra de Deus se a lemos con regularidade. Pero, como podemos sacarlle o máximo proveito ó que lemos? Podemos aprender moito do que lles dixo Xesús ós que coñecían ben a Lei, como os escribas, os fariseos e os saduceos. Estes líderes relixiosos tiñan o costume de ler as Escrituras pero non sacaban proveito do que lían. Por que? Xesús destacou tres cousas que non estaban facendo. Neste artigo imos ver como nos axudará o que lles dixo a mellorar a nosa capacidade para 1) entender o que lemos, 2) atopar tesouros espirituais e 3) deixar que a Palabra de Deus nos moldee.

ENTENDE BEN O QUE LES

4. Que nos ensina Lucas 10:25-29 sobre ler a Biblia?

4 Para sacarlle o máximo proveito á Biblia, temos que entender ben o que lemos nela. Por exemplo, pensa nunha conversación que tivo Xesús cun home experto na Lei (le Lucas 10:25-29). Cando este home lle preguntou que tiña que facer para conseguir vida eterna, Xesús axudoulle a encontrar a resposta na Palabra de Deus. Preguntoulle: “¿Que pon a Lei? ¿Que les?”. Aquel home foi capaz de responder citando o que dicían as Escrituras sobre amar a Deus e o próximo (Lev. 19:18; Dt. 6:5). Pero fíxate no que dixo despois: “¿E quen é o meu próximo?”. Isto demostraba que non entendía o que significaban as palabras que lera, e por iso non sabía como aplicalas ben na súa vida.

Entender ben o que se le é unha habilidade que se pode cultivar

5. Como pode axudarche orar e ler amodiño a entender mellor a Palabra de Deus?

5 Se cultivamos bos hábitos de lectura entenderemos mellor a Palabra de Deus. Aquí tes algunhas ideas que che poden axudar. Ora antes de empezar a ler. Necesitamos que Xehová nos axude a entender as Escrituras, así que podes pedirlle que che dea o seu espírito santo para concentrarte. Despois, le amodiño. Isto axudarache a entender o que les. Tamén pode serche útil ler en alto ou ir lendo mentres escoitas unha gravación en audio da Biblia. Así, usarás máis sentidos durante a túa lectura e iso fará que a Palabra de Deus inflúa máis na túa mente e no teu corazón (Xos. 1:8). Cando termines de ler, ora outra vez para darlle grazas a Xehová polo regalo da súa Palabra e para pedirlle que che axude a aplicar o que liches.

Serie de imaxes: 1. Unha irmá escribindo unha nota para pegala na súa Biblia. 2. Un irmán subliñando e tomando notas nun artigo que está estudando na súa tableta. 3. Unha irmá subliñando e facendo notas na súa Biblia, usando a aplicación JW Library.

Por que entenderás e recordarás mellor o que les se tomas notas breves? (Ver o parágrafo 6).

6. Por que entenderás mellor a Biblia se te fas preguntas e tomas notas breves do que les? (Ver a imaxe).

6 Aquí tes dúas ideas máis que che axudarán a entender mellor a Biblia. Faite preguntas sobre o que les. Cando analices un relato, pregúntate: “Quen son os personaxes principais? Quen está falando? Con quen fala e por que? Onde e cando pasa isto?”. Estas preguntas axudaranche a pensar nas ideas principais do relato e a relacionalas. Ademais, toma notas breves do que les. Cando escribes, obrígaste a poñer por escrito os teus pensamentos, e así consegues telos máis claros. Ademais, escribir axúdache a recordar o que les. Podes apuntar preguntas e cousas que investigaches, resumir os puntos principais, anotar como podes usar o que liches ou simplemente escribir os teus sentimentos. A que che poden axudar estas notas? A ver a Biblia como a mensaxe de Xehová para ti.

7. Que calidade necesitamos cando lemos, e por que? (Mateo 24:15, TNM).

7 Xesús mencionou unha calidade importante que necesitamos se queremos entender o que lemos na Palabra de Deus: o discernimento (le Mateo 24:15, TNM). Que é o discernimento? É a capacidade de entender como se relacionan as ideas entre si, e como se diferencian unhas doutras. Incluso nos permite ver o que non se ve a simple vista. Ademais, como indicou Xesús, necesitamos o discernimento para identificar os sucesos que cumpren as profecías da Biblia. Tamén nos fai falta para sacar o máximo proveito de todo o que lemos na Palabra de Deus.

8. Como podes usar o teu discernimento cando les?

8 Xehová dálles discernimento ós seus servos. Por iso, óralle e pídelle que che axude a cultivar esta calidade (Pr. 2:6, TNM). Que podes facer para actuar de acordo co que lle pides? Analiza con atención o que les e fíxate en como se relaciona co que xa sabes. Para facelo, consulta as axudas que temos para estudar a Biblia, como a Guía de estudo para as testemuñas de Xehová. Estas ferramentas axudaranche a entender ben os relatos da Biblia e a ver de que formas podes aplicalos na túa vida (Heb. 5:14). Se usas o teu discernimento cando les, entenderás mellor a Palabra de Deus.

BUSCA TESOUROS ESPIRITUAIS CANDO LEAS

9. Que ensinanza importante da Biblia pasaban por alto os saduceos?

9 Os saduceos coñecían moi ben os primeiros cinco libros das Escrituras Hebreas, pero pasaban por alto ensinanzas importantes que había neses libros. Por exemplo, fíxate no que lles respondeu Xesús cando lle preguntaron sobre a resurrección. El contestoulles: “¿Non tedes lido no Libro de Moisés, no episodio da silveira, como lle falou Deus dicindo: ‘Eu son o Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob’?” (Mc. 12:18, 26). Seguro que xa leran ese relato moitas veces, pero a pregunta de Xesús demostrou que pasaban por alto unha ensinanza da Biblia moi importante: a resurrección (Mc. 12:27; Lc. 20:38).d

10. En que deberiamos fixarnos cando lemos?

10 Que aprendemos disto? Cando lemos, queremos estar atentos para ver todo o que nos pode ensinar un versículo ou un relato da Biblia. Non só queremos fixarnos nas ensinanzas básicas que se ven a simple vista, senón tamén nas verdades e nos principios máis profundos que están escondidos detrás do relato que estamos lendo.

11. De acordo con 2 Timoteo 3:16, 17, que podes facer para atopar tesouros espirituais na Biblia?

11 Fíxate no que di 2 Timoteo 3:16, 17 (leo). Alí di que toda a Escritura é útil para 1) ensinar, 2) corrixir, 3) emendar e 4) educar na xustiza. Isto tamén aplica ós libros da Biblia que non les con tanta frecuencia. Que podes facer para atopar tesouros espirituais cando leas a Biblia? Analiza o relato para ver que che ensina sobre Xehová, sobre o seu propósito ou sobre os seus principios. Párate a pensar en como é útil para corrixir. Para iso, fíxate en como che axudan estes versículos a identificar e a rechazar as malas tendencias ou actitudes, e a seguir sendo fiel a Xehová. Examina como se pode utilizar ese relato para emendar, é dicir, para cambiar un punto de vista equivocado, quizais algún ó que te enfrontases na predicación. Ademais, busca de que maneira te educan eses versículos para axudarche a imitar a forma de pensar de Xehová. Se tes estas catro cousas en mente, atoparás tesouros espirituais que poderán axudarche a sacar máis proveito da túa lectura da Biblia.

DÉIXATE MOLDEAR POLO QUE LES

12. Por que lles preguntou Xesús ós fariseos “Non tendes lido”?

12 Para demostrar que os fariseos tiñan un punto de vista equivocado das Escrituras, Xesús tamén lles preguntou: “Non tendes lido”? (Mt. 12:1-7).e Nesa ocasión, os fariseos dicían que os discípulos de Xesús desobedeceran a lei do sábado. Pero Xesús respondeulles citando de dous exemplos da Biblia e dun versículo do libro de Oseas para demostrar que os fariseos non entendían o que había detrás da lei do sábado e que non mostraban misericordia. Por que a Palabra de Deus non os chegara a moldear? Porque a lían cunha actitude crítica e orgullosa, e iso impedía que a entendesen (Mt. 23:23; Xn. 5:39, 40).

13. Con que actitude debemos ler a Biblia, e por que?

13 O que dixo Xesús ensínanos que temos que ler a Biblia coa actitude correcta. A diferenza dos fariseos, debemos ser humildes e deixarnos ensinar. Por iso, a Biblia di en Santiago 1:21: “Acollede docilmente a Palabra enxertada en vós”. Se somos dóciles, permitiremos que a Palabra de Deus bote raíces no noso corazón. De feito, as leccións da Biblia sobre a misericordia, a compaixón e o amor só nos moldearán se non temos unha actitude crítica ou orgullosa.

Como podemos saber se estamos deixando que a Palabra de Deus nos moldee? (Ver o parágrafo 14).f

14. Como podemos saber se estamos deixando que a Biblia nos moldee? (Ver as imaxes).

14 A nosa forma de tratar a outros pode indicar se estamos deixando que a Palabra de Deus nos moldee ou non. Os fariseos non deixaban que a Palabra de Deus lles chegase ó corazón, e por culpa diso condenaban as persoas inocentes (Mt. 12:7). De maneira parecida, a nosa forma de ver e tratar os demais demostrará se estamos deixando que a Palabra de Deus nos moldee. Por exemplo, poderiamos preguntarnos: “Teño a tendencia de mencionar as cousas boas que vexo noutros ou destaco rapidamente os seus puntos débiles? Demostro misericordia e estou listo para perdoar ou son crítico e gardo rencor?”. Facernos este autoexame axudaranos a saber se estamos deixando que o que lemos moldee os nosos pensamentos, sentimentos e accións (1 Tim. 4:12, 15; Heb. 4:12).

LER A BIBLIA FAINOS FELICES

15. Que sentía Xesús polas Santas Escrituras?

15 Xesús amaba as Santas Escrituras. No Salmo 40:9 (40:8, TNM), predíxose o que sentiría pola Palabra de Deus. Alí di: “Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero; a túa lei está no fondo de min mesmo”. Grazas a isto, foi feliz e non deixou de servir a Xehová. Nós tamén podemos ser felices e seguir servindo a Xehová se nos esforzamos para que a Palabra de Deus nos chegue ó corazón (Sal. 1:1-3).

16. Que vas facer para sacarlle máis proveito á túa lectura da Biblia? (Mira o recadro “O que dixo Xesús pode axudarche a entender o que les”).

16 Para seguir os consellos de Xesús e imitar o seu exemplo, temos que mellorar a nosa lectura da Biblia. Como podemos facelo? Podemos entender mellor os relatos da Biblia se oramos, lemos amodiño, nos facemos preguntas e tomamos notas breves. Ademais, podemos usar o noso discernimento analizando con atención o que lemos coa axuda das nosas publicacións baseadas na Biblia. Tamén podemos aprender a usar mellor as Escrituras, incluso os relatos menos coñecidos, se buscamos tesouros espirituais. E podemos deixar que a Palabra de Deus nos moldee se a lemos coa actitude correcta. Se nos esforzamos por poñer en práctica estes consellos, sacarémoslle máis proveito á nosa lectura da Biblia e acercarémonos máis a Xehová (Sal. 119:17, 18; Sant. 4:8).

O que dixo Xesús pode axudarche a entender o que les

  • Esfórzate por entender o que les e cultiva discernimento para saber como aplicalo (Mt. 24:15, TNM; Lc. 10:25-37.

  • Analiza con atención os relatos da Biblia para encontrar tesouros espirituais (Mc. 12:18-27).

  • Deixa que a Palabra de Deus te moldee e inflúa en como tratas a outros (Mt. 12:1-8).

CANDO LEAS A BIBLIA, QUE CHE PODE AXUDAR A...

  • ... entender o que les?

  • ... atopar tesouros espirituais?

  • ... deixar que a Palabra de Deus te moldee?

CANCIÓN sjj 95 A luz non deixa de medrar

a Tódolos servos de Xehová nos esforzamos por ler a súa Palabra cada día. Hai moitas persoas que non adoran a Xehová e que len a Biblia, pero non chegan a entender de verdade o que len. Isto tamén pasaba nos días de Xesús. Neste artigo imos ver o que lles dixo Xesús cando estivo na Terra ós que lían a Palabra de Deus. Ademais, falaremos dalgunhas leccións que nos poden axudar a sacarlle máis proveito á nosa lectura da Biblia.

b Parece ser que despois de que Xesús se bautizase e fose unxido con espírito santo, Xehová fixo que recuperase os recordos que tiña antes de vir á Terra (Mt. 3:16).

c María coñecía ben as Escrituras e citaba delas (Lc. 1:46-55). É probable que Xosé e María non puidesen ter as súas copias persoais das Escrituras, así que tiñan que escoitar con moita atención o que se lía na sinagoga para poder recordalo despois.

d Mira o artigo “Acérquese a Dios: ‘Él es el Dios [...] de los vivos’” da revista La Atalaya do 1 de febreiro de 2013.

e En Mateo 19:4-6 (TNM), Xesús tamén lles preguntou ós fariseos: “Non lestes”? Aínda que xa leran o relato da creación, pasaran por alto o que ensina acerca do punto de vista de Deus sobre o matrimonio.

f DESCRICIÓN DA IMAXE: Durante unha reunión no Salón do Reino, un dos irmáns que se encarga do audio e do vídeo equivócase varias veces. Aínda así, ó acabar a reunión, os irmáns felicítano polos seus esforzos en vez de centrarse nos seus erros.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir