IDEA PARA ESTUDAR
Prepara o corazón
Cando estudamos a Biblia queremos que o que aprendemos sobre Xehová toque o noso corazón, é dicir, inflúa nos nosos pensamentos, sentimentos e desexos. Esdras púxonos un bo exemplo, porque el “preparara o seu corazón para consultar a Lei de Xehová” (Esd. 7:10, TNM). Como podemos facer isto?
Orando. Antes de estudar fai unha oración. Pídelle a Xehová que che axude a entender e aplicar o que aprendes (Sal. 119:18, 34).
Sendo humildes. Deus escóndelles a verdade ós que son orgullosos e pensan que non necesitan axuda para entender a Biblia (Luc. 10:21). Non debemos estudar para tratar de impresionar a outros. E se ó estudar vemos algo que temos que cambiar, debemos ser humildes e facer os axustes necesarios.
Escoitando algunha das nosas cancións. A música pode influír nas nosas emocións. Por iso escoitar unha canción antes de estudar pode axudarnos a preparar o corazón.