BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 maio páxs. 14-19
  • Esperemos pola cidade que durará para sempre

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Esperemos pola cidade que durará para sempre
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • CONFÍA NO QUE NUNCA TE ABANDONARÁ
  • OBEDECE OS QUE NOS DIRIXEN
  • DEMOSTRA AMOR FRATERNAL E HOSPITALIDADE
  • O QUE ESTÁ POR VIR
  • Unha carta que nos pode axudar a aguantar fielmente ata o fin
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Sexamos humildes e aceptemos que hai cousas que non sabemos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Acercarnos uns ós outros é bo para nós
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 maio páxs. 14-19

ARTIGO DE ESTUDO 21

CANCIÓN sjj 21 Pon primeiro sempre o Reino

Esperemos pola cidade que durará para sempre

“Andamos á procura da futura [cidade]” (HEB. 13:14).

OBXECTIVO

Ver como nos pode beneficiar o capítulo 13 de Hebreos agora e no futuro.

1. Que predixo Xesús que lle pasaría a Xerusalén?

POUCOS días antes da súa morte, Xesucristo deulles unha profecía ós seus seguidores. Advertiulles de que Xerusalén algún día estaría “rodeada de exércitos acampados” (Luc. 21:20). Tamén lles dixo ós seus seguidores que, tan pronto como visen eses exércitos, fuxisen de Xudea inmediatamente (Luc. 21:21, 22).

2. Que consellos lles deu o apóstolo Paulo ós cristiáns hebreos que vivían en Xudea e Xerusalén?

2 Tan só uns anos antes de que os exércitos romanos rodeasen Xerusalén, o apóstolo Paulo escribiulles ós hebreos unha carta que contiña unha mensaxe importante. Esta é a que agora coñecemos como a Carta ós Hebreos. Nela, Paulo deulles ós cristiáns de Xudea e Xerusalén consellos que os preparaban para os tempos difíciles que ían vir. Que pasaría? Xerusalén sería destruída. Se eses cristiáns querían sobrevivir, tiñan que estar dispostos a abandonar as súas casas e os seus negocios. En canto a esta cidade, Paulo escribiu: “Non temos aquí cidade que dure”. E despois engadiu: “Andamos á procura da futura” (Heb. 13:14).

3. Que é a “cidade con bos cimentos”, e por que a buscamos?

3 É posible que, cando os cristiáns decidiron marchar de Xerusalén e de Xudea, moitas persoas se burlasen e se risen deles, pero esta decisión salvoulles a vida. Hoxe en día moitos tamén pensan que somos parvos porque non buscamos seguridade nos cartos nin confiamos en que os humanos resolvan os problemas deste mundo. Entón, por que tomamos esta decisión? Porque sabemos que este sistema non durará para sempre. Esperamos a “cidade con bos cimentos”, é dicir, o Reino de Deus (Heb. 11:10; Mat. 6:33).a En cada subtítulo deste artigo veremos 1) como os consellos inspirados de Paulo lles axudaron ós cristiáns do primeiro século a seguir esperando o Reino de Deus, 2) como Paulo os preparou para a destrución de Xerusalén e 3) como os seus consellos nos axudan hoxe en día.

CONFÍA NO QUE NUNCA TE ABANDONARÁ

4. Por que era Xerusalén importante para os cristiáns?

4 A cidade de Xerusalén era importante para os cristiáns. Alí estableceuse no ano 33 n. e. a primeira congregación e era onde estaba o consello reitor. Ademais, moitos cristiáns tiñan alí as súas propias casas e outras posesións. Pero Xesús advertiulles ós seus seguidores que terían que fuxir de Xerusalén e incluso de Xudea (Mat. 24:16).

5. Como preparou Paulo os cristiáns para o que lle ía pasar a Xerusalén?

5 Como Paulo quería que os cristiáns estivesen preparados para marchar de Xerusalén, axudoulles a entender mellor como vía Xehová aquela cidade. Recordoulles que Deus xa non aprobaba o sacerdocio, o templo nin os sacrificios que se ofrecían alí (Heb. 8:13). Ademais, a maioría dos habitantes desta cidade rechazaran o Mesías. Así que o templo de Xerusalén deixara de ser o centro da adoración pura e sería destruído (Luc. 13:34, 35).

6. Por que necesitaban os cristiáns o consello que Paulo lles deu en Hebreos 13:5, 6?

6 Cando Paulo lles escribiu ós hebreos, Xerusalén era unha cidade na que se vivía ben. Un escritor romano desa época dixo que era “con diferenza a cidade máis famosa de Oriente”.b Xudeus de moitos sitios viaxaban alí varias veces ó ano para celebrar as festas, o que contribuía a que tivese unha economía próspera. É probable que, debido a isto, algúns cristiáns gañasen moitos cartos. Quizais por iso Paulo lles dixo: “Que o voso comportamento sexa desinteresado: contentádevos co que tedes”. E entón citou das Escrituras unha firme promesa que Xehová lle fai a cada un dos seus servos: “Non te deixarei nin te desampararei” (le Hebreos 13:5, 6; Deut. 31:6; Sal. 118:6). Os cristiáns de Xerusalén e Xudea necesitarían recordar esta promesa. Por que? Porque pouco despois de recibir esta carta terían que deixar atrás as súas casas, os seus negocios e a maioría das súas posesións. Isto implicaba empezar unha nova vida nun novo lugar, o cal non sería nada fácil.

7. Por que temos que fortalecer a nosa confianza en Xehová xa agora?

7 A lección para nós: Que nos espera dentro de pouco? Empezará a “gran tribulación” e este sistema malvado será destruído (Mat. 24:21). Igual que os cristiáns de Xerusalén, temos que manternos despertos e estar preparados (Luc. 21:34-36). Durante a gran tribulación, quizais teñamos que deixar atrás a nosa casa e as nosas posesións confiando completamente en que Xehová nunca nos abandonará. E xa agora, antes de que chegue ese momento, temos a oportunidade de demostrar en que confiamos. Así que pregúntate: “Demostran as miñas decisións e plans para o futuro que poño a miña confianza en Xehová en vez de nos cartos?” (1 Tim. 6:17). O exemplo dos cristiáns do pasado pode axudarnos a permanecer fieis durante a “gran tribulación”. Aínda así, o que virá no futuro será moito máis difícil que calquera cousa que os cristiáns viviron ata agora. Entón, como saberemos exactamente que facer cando empece esa tribulación?

OBEDECE OS QUE NOS DIRIXEN

8. Que instrucións lles dera Xesús ós seus discípulos?

8 Poucos anos despois de que os cristiáns recibisen a carta de Paulo ós hebreos, viron como o exército romano rodeou Xerusalén. Este era o sinal de que chegara o momento de fuxir, porque a cidade sería destruída (Mat. 24:3; Luc. 21:20, 24). Pero a onde tiñan que ir? Xesús simplemente dixera: “Os que estean en Xudea, que escapen para as montañas” (Luc. 21:21). Pero naquela zona había moitas montañas. Entón, en que dirección tiñan que fuxir?

9. Por que é posible que algúns cristiáns se preguntasen a que montañas fuxir? (Ver tamén o mapa).

9 Vexamos algunhas das montañas ás que aqueles cristiáns poderían fuxir: as montañas de Samaria, as montañas de Galilea, o monte Hermón e as montañas do Líbano e as montañas ó outro lado do río Xordán (mira o mapa). Naquelas zonas montañosas había varias cidades que poderían parecer sitios seguros para vivir. Por exemplo, Gamala estaba situada nunha montaña moi alta e nunha zona de moi difícil acceso. Algúns xudeus creron que aquela cidade era o sitio ideal para refuxiarse. Pero os romanos atacárona, destruírona e moitos dos seus habitantes morreron.c

Un mapa mostrando algunhas montañas e cidades de Israel no primeiro século. Ó norte de Xerusalén están as montañas do Líbano, de Galilea, de Samaria e de Galaad, o Monte Hermón, o Monte Tabor e tamén as cidades de Gamala, Cesarea e Pela. Ó sur de Xerusalén están as montañas de Xudea e de Abarim, e a cidade de Masada. No mapa tamén se mostran as rutas das campañas romanas e as zonas que perderon os xudeus do 67 n. e. ó 73 n. e.

Había moitas montañas ás que puideron fuxir os primeiros cristiáns, pero non todas eran seguras (ver o parágrafo 9).


10, 11. a) Como é posible que Xehová guiase os cristiáns? (Hebreos 13:7, 17) b) Como se beneficiaron os cristiáns por obedecer os que dirixían a congregación? (Ver tamén a imaxe).

10 Parece que Xehová guiou os cristiáns por medio dos que dirixían a congregación. Máis adiante, o historiador Eusebio escribiu: “A xente da congregación en Xerusalén, por divina Providencia, recibiu unha revelación que se lles deu ós homes aprobados; mandóuselles [...] abandonar a cidade antes da guerra e establecerse nunha cidade de Perea chamada Pela”.d Pela parecía un bo lugar ó que ir. Non estaba lonxe de Xerusalén, así que non era difícil viaxar ata alí. Ademais, era principalmente unha cidade xentil e, na súa maior parte, non se viu afectada polo fanatismo dos xudeus que loitaban contra os romanos pola liberdade (mira o mapa).

11 Os cristiáns que fuxiron ás montañas aplicaron o seguinte consello de Paulo: “Facédelles caso [...] ós vosos dirixentes” (le Hebreos 13:7, 17). Como resultado, sobreviviron. A historia confirma que Deus non abandonou os que esperaban a “cidade con bos cimentos”, o Reino de Deus (Heb. 11:10).

Un grupo de cristiáns do primeiro século camiñando por unha zona montañosa coas súas pertenzas.

Pela era un sitio seguro ó que ir e non estaba moi lonxe (ver os parágrafos 10 e 11).


12, 13. Como guiou Xehová o seu pobo durante momentos moi difíciles?

12 A lección para nós: Xehová utiliza os que dirixen a organización para darlles ós seus servos instrucións específicas. A Biblia está chea de exemplos que demostran como Deus utilizou a homes fieis para guiar o seu pobo durante momentos moi difíciles (Deut. 31:23; Sal. 77:21 [77:20, TNM]). E na actualidade vemos probas moi claras de que segue facendo o mesmo.

13 Por exemplo, cando empezou a pandemia da COVID-19 os irmáns que nos dirixen déronlles ás congregacións a guía necesaria. Estes irmáns mandáronlles instrucións ós anciáns sobre como celebrar as reunións e coidar da espiritualidade da congregación. Pouco despois do inicio da pandemia celebrouse un congreso histórico en máis de 500 idiomas. Puidemos desfrutar do programa a través de Internet, televisión e radio. En ningún momento deixamos de recibir as instrucións que necesitabamos de parte de Xehová e isto fixo que nos mantivésemos unidos. Sen importar as probas ás que nos enfrontemos no futuro, podemos ter a seguridade de que Xehová seguirá axudándolles ós irmáns que nos dirixen a tomar decisións sabias. Para estar preparados para a gran tribulación e actuar con sabedoría neses momentos tan difíciles, temos que confiar en Xehová e obedecer. Ademais disto, que outras cualidades necesitaremos?

DEMOSTRA AMOR FRATERNAL E HOSPITALIDADE

14. Segundo Hebreos 13:1-3 (TNM), que cualidades tiveron que demostrar os cristiáns antes da destrución de Xerusalén?

14 Cando empece a gran tribulación, necesitaremos mostrarnos amor uns ós outros máis ca nunca. Neses momentos, teremos que imitar o exemplo dos cristiáns que vivían en Xerusalén e en Xudea. Eles sempre se demostraran amor uns ós outros (Heb. 10:32-34). Pero os últimos anos antes de que Xerusalén fose destruída, tiveron que mostrar aínda máis “amor fraternal” e “hospitalidade” (le Hebreos 13:1-3, TNM).e Nós tamén necesitaremos facer isto a medida que se achegue o fin deste sistema.

15. Por que necesitaron os cristiáns hebreos mostrar amor fraternal e hospitalidade despois de fuxir?

15 Os exércitos romanos rodearon Xerusalén e despois marcharon de repente. Grazas a iso, os cristiáns tiveron a oportunidade de fuxir, pero só poderían levar con eles unhas poucas cousas (Mat. 24:17, 18). Durante a viaxe polas montañas dependían uns dos outros. E, cando chegaron a Pela, tamén necesitaron a axuda dos demais para empezar unha nova vida. Seguro que xurdiron moitas “necesidades urxentes” que lles deron a oportunidade de demostrar verdadeiro amor fraternal e hospitalidade apoiándose entre eles e compartindo o que tiñan uns cos outros (Tito 3:14).

16. Como podemos demostrarlles amor ós irmáns que necesitan a nosa axuda? (Ver tamén a imaxe).

16 A lección para nós: O amor motívanos a apoiar os irmáns cando necesitan a nosa axuda. Moitos servos de Deus estiveron dispostos a coidar das necesidades espirituais e materiais dos seus irmáns que tiveron que abandonar os seus fogares debido á guerra e os desastres naturais. Unha irmá de Ucraína que escapou como refuxiada debido á guerra dixo: “Sentimos como Xehová utilizou os irmáns para guiarnos e coidar de nós. Eles acolléronnos e axudáronnos moito en Ucraína, en Hungría e tamén aquí en Alemaña”. Os que demostran hospitalidade e coidan das necesidades dos seus irmáns son ferramentas nas mans de Xehová (Prov. 19:17; 2 Cor. 1:3, 4).

Un matrimonio maior recibindo con cariño na súa casa a unha familia de refuxiados. A familia só ten unha maleta e unhas poucas bolsas.

Na actualidade, os cristiáns que son refuxiados necesitan a nosa axuda (ver o parágrafo 16).


17. Por que é imprescindible que aprendamos xa agora a demostrar amor fraternal e hospitalidade?

17 Seguro que no futuro será aínda máis necesario que nos axudemos uns ós outros (Hab. 3:16-18). Xehová está ensinándonos a demostrar amor fraternal e hospitalidade, cualidades que serán imprescindibles na gran tribulación.

O QUE ESTÁ POR VIR

18. Como podemos imitar os cristiáns que fuxiron de Xerusalén?

18 Os cristiáns que obedeceron e fuxiron ás montañas sobreviviron cando Xerusalén foi destruída. Eles abandonaron a cidade, pero Xehová nunca os abandonou a eles. E que hai dos nosos días? Non sabemos con detalle todo o que sucederá no futuro. Pero Xesús advertiunos de que estivésemos preparados para obedecer (Luc. 12:40). Tamén podemos reflexionar nos consellos que Paulo lles escribiu ós hebreos e aplicalos, xa que son tan útiles hoxe en día como o foron no primeiro século. E contamos coa promesa que Xehová mesmo nos fixo de que nunca nos deixará sós nin nos abandonará (Heb. 13:5, 6). Así que, sigamos esperando polo Reino de Deus, a cidade que durará para sempre, e desfrutaremos de bendicións eternas (Mat. 25:34).

QUE RESPONDERÍAS?

  • Por que necesitamos fortalecer a nosa confianza en Xehová xa agora?

  • Por que será esencial a obediencia durante a gran tribulación?

  • Por que é imprescindible que aprendamos a demostrar amor fraternal e hospitalidade xa agora?

CANCIÓN sjj 157 Paz por fin!

a En tempos bíblicos, as cidades a miúdo estaban gobernadas por un rei. Este tipo de cidade podía considerarse un reino (Xén. 14:2).

b Corpus Inscriptionum Iudaeae/Palaestinae, editado por Hannah M. Cotton, escrito por Benjamin Isaac.

c Isto sucedeu no ano 67 n. e., pouco despois de que os cristiáns fuxisen de Xudea e Xerusalén.

d Ecclesiastical History, volume 3, escrito por Eusebio de Cesarea

e A expresión que se traduce como amor fraternal podería referirse ó amor que se sente por familiares, pero Paulo usouna para describir o amor tan forte que sentimos por tódolos nosos irmáns e irmás.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir