BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 124
  • Como podo mellorar as miñas conversas?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podo mellorar as miñas conversas?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Por que falar cara a cara?
  • Como iniciar unha conversa
  • Interese polos demais
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Como podo superar a timidez?
    Preguntas da xuventude
  • Naturalidade
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como empezar conversas que poden darnos a oportunidade de predicar
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
Ver máis
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 124
Un mozo fala con algúns compañeiros de clase durante a hora da comida.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Como podo mellorar as miñas conversas?

Neste artigo imos ver:

  • Por que falar cara a cara?

  • Como iniciar unha conversa

  • O que opinan outros mozos

Por que falar cara a cara?

Algunhas persoas din que falar cara a cara é máis difícil e estresante que facelo con mensaxes de texto.

“Como non podes editar nin borrar nada do que dis, hai mais presión cando falas cara a cara” (Anna).

“As mensaxes de texto son coma un programa gravado, mentres que falar en persoa é coma un programa en directo. O único no que penso cando estou falando con alguén é: ‘Non metas a zoca!’” (Jean).

Pensa que, tarde ou cedo, necesitarás saber como falar con outros en persoa. Por exemplo, para facer novos amigos, para conseguir e manter un traballo ou cando esteas preparado para comezar a saír con alguén.

A boa noticia é que non tes por que terlle medo a falar con outros en persoa. Incluso se es tímido, podes aprender a facelo.

Consello.

Consello: Non te preocupes se cometes erros. Mellorar as habilidades para conversar é coma aprender a andar en bici. Pode que “caias” algunhas veces, pero coa práctica mellorarás e desfrutarás da ruta, é dicir, de falar con outros.

“Ás veces dirás algunha cousa mal e sentirás vergonza. É inevitable. Pero non tes que tomarte demasiado en serio” (Neal).

Como iniciar unha conversa

  • Fai preguntas. Pensa nun tema que lle poida interesar á xente e despois úsao para iniciar unha conversa. Por exemplo:

    “Fuches de viaxe a algún sitio este último verán?”

    “Esta páxina web está moi ben. Entraches algunha vez?”

    “Escoitaches falar de . . . ?”

    Para ser máis específicos, pensa en algo que teñas en común con esa persoa. Por exemplo, fostes á mesma escola ou tedes o mesmo traballo? Usa esa información para facer algunha pregunta e iniciar unha conversa.

    Dous mozos falando mentres comen. O globo que está entre eles mostra un balón de fútbol.

    “Pensa en preguntas que che parezan interesantes e das que che gustaría saber a resposta” (Maritza).

    Consello.

    Consello: Preguntas como as anteriores poden ser unha boa opción para comezar a falar. Cando sexa posible usa preguntas abertas, é dicir, preguntas que non se respondan cun si ou cun non. Por exemplo, para iniciar unha conversa poderías preguntar “Cal é a túa parte favorita da película?” mellor que “Gustouche a película?”.

    Ten coidado: Non convertas a conversación nun interrogatorio facendo unha pregunta tras outra. Ademais, intenta non facer preguntas demasiado persoais, como por exemplo, “Cal é o teu maior medo?” ou “Por que levas sempre roupa azul?”. Poderías facer que alguén se sinta incómodo ou mesmo que pense que o criticas.

    Tamén podes evitar que pareza un interrogatorio se dás a túa opinión sobre o tema, antes ou despois de que a outra persoa responda. Noutras palabras, fai que sexa unha conversa e non unha entrevista.

    Un mozo vestido cun uniforme de policía, mira con sospeita a outro e escribe algo nun papel. O mozo en fronte del parece asustado e sorprendido mentres unha luz intensa lle ilumina a cara.

    Coas túas preguntas parece que estás interrogando á xente?

    Principio bíblico: “Os pensamentos do corazón do home son coma augas profundas, pero o home discernidor sabe sacalos” (Proverbios 20:5, TNM).

  • Saber escoitar. O teu éxito para continuar unha conversa depende máis de que saibas escoitar que da túa habilidade para falar.

    “O meu obxectivo é aprender algo novo da persoa coa que estou falando. Despois intento recordar o que me dixo para continuar a conversa a próxima vez que nos vexamos” (Tamara).

    Consello.

    Consello: Se hai momentos de silencio durante a conversación, non te preocupes. Pensa no que hai cerca de ti. Estás na escola? No traballo? Ou nun evento? O lugar onde estás pode ser un tema de conversa. Por exemplo, podes preguntarlle a un compañeiro, “Canto tempo tardas en chegar ó traballo?”.

    Ten coidado: Non te preocupes polo que dirás despois. Se escoitas con atención, saberás que responder para continuar a conversación coa outra persoa.

    Principio bíblico: “Todo home sexa espelido para escoitar, calmo para falar” (Santiago 1:19).

  • Mostra interese sincero. Desfrutarás moito máis da conversa se te interesas pola persoa coa que estás falando.

    Dúas mozas mirando unha para a outra sentadas nun banco. Unha delas fala mentres a outra escoita atentamente.

    “Cando fas que a outra persoa sinta que realmente che importa o que está dicindo, a conversación será moi agradable, incluso se hai algún silencio incómodo” (Marie).

    Consello.

    Consello: Fai un comentario positivo sobre algo que vexas na persoa e despois faille unha pregunta. Por exemplo, “Que abrigo máis bonito. Onde o mercaches?”.

    Ten coidado: Non fagas preguntas demasiado persoais. Dicir algo como, “Que abrigo máis bonito. Canto che custou?” podería non ser apropiado.

    Principio bíblico: “Non mirar cada un polo que lle ten conta a el, senón tamén polo que llela ten ós outros” (Filipenses 2:4).

Como podes rematar a conversación? Un mozo que se chama Jordan dá esta suxestión: “Intenta terminar a conversa de forma positiva”. E engade: “Dicir algo como, ‘Gustoume moito falar contigo’ ou ‘Que teñas un bo día!’ pode axudar a que teñades outra boa conversa a próxima vez que faledes”.

O que opinan outros mozos

  • Bethel.

    “Aprender a comunicarse con outros é semellante a aprender un novo idioma. Ó principio e difícil, pero con esforzo e práctica podes mellorar” (Bethel).

  • Isaac.

    “Cando a outra persoa fale, escoita de verdade. Mantén o contacto visual. Asinte cando sexa apropiado. Sorrí. As persoas valoran moito que demostres que as escoitas cando falan” (Isaac).

  • Kate.

    “Antes poñíame nerviosa cando falaba cos demais. Ás veces aínda me pasa. Cando me intereso de verdade pola outra persoa en vez de concentrarme nas miñas inseguridades, estou máis tranquila” (Kate).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir