BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
Anuncio
Novo idioma dispoñible: Dendi
  • Hoxe

Sábado 19 de xullo

Non me chegaría o tempo, se me puxese a falar de Guideón (Heb. 11:32).

Cando os efraimitas o criticaron, en vez de enfadarse e responderlles mal, Guideón mantivo a calma (Xuí. 8:1-3). Demostrou humildade ó escoitar o que lles preocupaba e ó responderlles de maneira amable. Iso calmou a situación. Os anciáns sabios imitan a Guideón escoitando con atención e respondendo con calma cando alguén os critica (Sant. 3:13). Así contribúen a que haxa paz na congregación. Cando felicitaron a Guideón por vencer os madianitas, el deulle toda a honra a Xehová (Xuí. 8:22, 23). Como poden imitar o seu exemplo os irmáns nomeados? Dándolle todo o mérito a Xehová cando conseguen algo (1 Cor. 4:6, 7). Por exemplo, ás veces felicitan un ancián por ser moi bo mestre. Nestes casos, el pode dirixir a atención á Palabra de Deus, que é de onde proveñen as ensinanzas, ou destacar a capacitación que recibimos de Xehová mediante a súa organización. Os anciáns fan ben en pensar en se a súa forma de ensinar lle dá honra a Xehová ou se, no fondo, o que queren é impresionar os demais. w23.06 páx. 4 pars. 7, 8

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Domingo 20 de xullo

Os meus plans non son os vosos plans (Is. 55:8).

Se non recibimos o que pedimos en oración, é posible que teñamos que preguntarnos: “É apropiado o que estou pedindo?”. Moitas veces cremos que sabemos o que é mellor para nós. Pero pode que o que esteamos pedindo non nos beneficie a longo prazo. Se estamos orando para que Xehová nos axude cun problema, quizais haxa unha solución moito mellor que a que nós pensamos. Incluso pode que algunhas cousas das que pedimos non estean de acordo coa vontade de Xehová (1 Xoán 5:14). Pensemos, por exemplo, no caso duns pais que lle rogan a Xehová que o seu fillo permaneza na verdade. Esta petición parece ser apropiada. Pero Xehová non obriga a ninguén a servilo. El quere que todos, incluídos os nosos fillos, escollamos adoralo (Deut. 10:12, 13; 30:19, 20). Así que, o que estes pais lle poderían pedir a Xehová é que lles axude a tocar o corazón do seu fillo para que este chegue a amalo e se faga amigo Seu (Prov. 22:6; Ef. 6:4). w23.11 páx. 21 par. 5; páx. 23 par. 12

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Luns 21 de xullo

Consoládevos uns a outros (1 Tes. 4:18).

Por que consolar os nosos irmáns é unha maneira moi importante de expresarlles que os queremos? Unha obra de consulta bíblica menciona que a palabra que utilizou Paulo para “consolar” significa “estar de pé ó lado dunha persoa para animala cando se enfronta a probas difíciles”. Así que, cando consolamos un irmán que está sufrindo é coma se o axudásemos a levantarse para seguir andando polo camiño da vida. Cada vez que lle ofrecemos o noso ombro para chorar, pode ver o moito que o queremos (2 Cor. 7:6, 7, 13). Sentir compaixón e dar consolo son cousas que están moi relacionadas. En que sentido? Unha persoa compasiva séntese motivada a dar consolo a outros e a tratar de aliviar o seu sufrimento. Así que primeiro sentimos compaixón, e despois damos consolo. Isto é o que Xehová fai con nós. Paulo dixo que Xehová é un “Pai de tenras misericordias e o Deus de todo consolo” (2 Cor. 1:3, TNM). w23.11 páxs. 9-10 pars. 8-10

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir