BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Hoxe

Venres 18 de xullo

Converteunos nun reino, en sacerdotes para o seu Deus e Pai (Apoc. 1:6).

Só un número limitado de discípulos de Cristo foron unxidos co espírito santo e teñen unha relación especial con Xehová. A Biblia explica que son 144.000 e que servirán no ceo como sacerdotes con Xesús (Apoc. 14:1). O Santo do tabernáculo representa a relación especial que teñen con Xehová, ó ser adoptados como fillos espirituais seus mentres aínda están na Terra (Rom. 8:15-17). E o Santísimo do tabernáculo representa o ceo, onde mora Xehová. A “cortina” que separaba o Santo do Santísimo representa o corpo físico de Xesús. Mentres tivo un corpo físico non puido entrar no ceo como gran Sumo Sacerdote do templo espiritual. Pero, ó entregar o seu corpo humano como sacrificio pola humanidade, Xesús abriulles o camiño á vida no ceo a tódolos cristiáns unxidos. Igual ca Xesús, eles tamén deben deixar o seu corpo físico para recibir a súa recompensa celestial (Heb. 10:19, 20; 1 Cor. 15:50). w23.10 páx. 28 par. 13

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Sábado 19 de xullo

Non me chegaría o tempo, se me puxese a falar de Guideón (Heb. 11:32).

Cando os efraimitas o criticaron, en vez de enfadarse e responderlles mal, Guideón mantivo a calma (Xuí. 8:1-3). Demostrou humildade ó escoitar o que lles preocupaba e ó responderlles de maneira amable. Iso calmou a situación. Os anciáns sabios imitan a Guideón escoitando con atención e respondendo con calma cando alguén os critica (Sant. 3:13). Así contribúen a que haxa paz na congregación. Cando felicitaron a Guideón por vencer os madianitas, el deulle toda a honra a Xehová (Xuí. 8:22, 23). Como poden imitar o seu exemplo os irmáns nomeados? Dándolle todo o mérito a Xehová cando conseguen algo (1 Cor. 4:6, 7). Por exemplo, ás veces felicitan un ancián por ser moi bo mestre. Nestes casos, el pode dirixir a atención á Palabra de Deus, que é de onde proveñen as ensinanzas, ou destacar a capacitación que recibimos de Xehová mediante a súa organización. Os anciáns fan ben en pensar en se a súa forma de ensinar lle dá honra a Xehová ou se, no fondo, o que queren é impresionar os demais. w23.06 páx. 4 pars. 7, 8

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Domingo 20 de xullo

Os meus plans non son os vosos plans (Is. 55:8).

Se non recibimos o que pedimos en oración, é posible que teñamos que preguntarnos: “É apropiado o que estou pedindo?”. Moitas veces cremos que sabemos o que é mellor para nós. Pero pode que o que esteamos pedindo non nos beneficie a longo prazo. Se estamos orando para que Xehová nos axude cun problema, quizais haxa unha solución moito mellor que a que nós pensamos. Incluso pode que algunhas cousas das que pedimos non estean de acordo coa vontade de Xehová (1 Xoán 5:14). Pensemos, por exemplo, no caso duns pais que lle rogan a Xehová que o seu fillo permaneza na verdade. Esta petición parece ser apropiada. Pero Xehová non obriga a ninguén a servilo. El quere que todos, incluídos os nosos fillos, escollamos adoralo (Deut. 10:12, 13; 30:19, 20). Así que, o que estes pais lle poderían pedir a Xehová é que lles axude a tocar o corazón do seu fillo para que este chegue a amalo e se faga amigo Seu (Prov. 22:6; Ef. 6:4). w23.11 páx. 21 par. 5; páx. 23 par. 12

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir