BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • T-36 páxs. 1-4
  • Que é o Reino de Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que é o Reino de Deus?
  • Que é o Reino de Deus?
  • Información relacionada
  • Que pensas do futuro?
    Que pensas do futuro?
  • Quen controla o mundo?
    Quen controla o mundo?
  • Volverá vivir quen morreu?
    Volverá a vivir quen morreu?
  • Acabará algún día o sufrimento?
    Acabará algún día o sufrimento?
Ver máis
Que é o Reino de Deus?
T-36 páxs. 1-4
Xente de diferentes orixes rezando porque veña o Reino de Deus

Que é o Reino de Deus?

Dirías que é . . .

  • aceptar a Deus no teu corazón?

  • a vida no ceo?

  • o goberno de Deus?

O QUE DI A BIBLIA

“O Deus do ceo suscitará un reino que endexamais non será derrubado” (Daniel 2:44, A Biblia, Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos).

“¡O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías!” (Apocalipse 11:15).

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?

  • Ver os beneficios dun goberno xusto na túa vida (Isaías 48:17, 18)

  • Desfrutar de felicidade e saúde perfecta no vindeiro novo mundo (Apocalipse 21:3, 4)

Xente traballando na horta e gozando da vida no Paraíso na Terra baixo o Reino de Deus

PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, dúas das razóns son:

  • Xesús mostrou o que o Reino de Deus logrará. Xesús ensinoulles ós seus discípulos a orar porque viñese o Reino de Deus e se fixese a súa vontade na terra (Mateo 6:9, 10). E demostrou de que maneira chegaría a resposta a esa oración.

    Cando estivo na terra, Xesús alimentou famentos, curou enfermos e mesmo resucitou mortos (Mateo 15:29-38; Xoán 11:38-44). Deste xeito mostrou todo o que fará polo seus súbditos como rei do Reino de Deus (Apocalipse 11:15).

  • A situación do noso mundo proba que o Reino de Deus chegará axiña. Xesús predixo que, xusto antes de que o Reino trouxese paz á terra, habería moitas guerras, fame e terremotos (Mateo 24:3, 7).

    Non é o que vemos hoxe? Polo tanto, podemos confiar en que o Reino de Deus pronto vai acabar con todos estes problemas.

PENSA NISTO

Unha preciosa vista da Terra baixo o goberno de Deus

Como será a vida cando o Reino de Deus goberne a terra?

Atoparás a resposta en SALMO 37:29 e ISAÍAS 65:21-23.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir