A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como predicar por teléfono
POR QUE É IMPORTANTE. Predicar por teléfono é un xeito importante de “dar testemuño da Boa Nova” (Feit. 20:24)a. Isto fai posible que lle poidamos predicar a alguén mesmo cando as circunstancias non nos permitan visitalo en persoa.
COMO FAGO?
Prepárate. Escolle un tema que sexa axeitado. A continuación fai un esquema do que queres dicir. Ademais poderías preparar unha pequena mensaxe que explique o motivo da túa chamada por se salta o contestador. Tamén é de axuda estar sentado a carón dunha mesa e ter a man o esquema e outras cousas que poidas necesitar, como un dispositivo electrónico coa aplicación JW Library® ou a páxina jw.org® abertas.
Reláxate. Fala de xeito natural. Sorrí e xesticula como se tiveses a persoa diante. Evita as pausas innecesarias. Tamén é de axuda predicar xunta outros irmáns. Se o amo de casa fai unha pregunta, repítea en voz alta para que o teu compañeiro che poida axudar a atopar a resposta.
Prepara o terreo para a seguinte visita. Se a persoa amosa interese, poderías deixar pendente unha pregunta para contestarlle na seguinte chamada telefónica. Tamén poderías ofrecerlle unha publicación e dicirlle que lla podes enviar por correo, por Internet ou darlla persoalmente, ou mesmo enviarlle un vídeo ou un artigo por mensaxe ou por correo electrónico. E, cando sexa axeitado, fálalle sobre un artigo da nosa páxina web.
a Se na túa zona se pode predicar por teléfono, asegúrate de cumprir coas leis de protección de datos do teu país.