BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g20 núm. 1 páxs. 14-15
  • Unha vida sen estrés é posible

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Unha vida sen estrés é posible
  • Despertade! (2020)
  • Información relacionada
  • Índice
    Despertade! (2020)
  • Baixo o Reino de Deus “abondará a paz”
    Despertade! (2019)
  • Que podemos facer cando estamos estresados?
    Despertade! (2020)
  • Por que é importante para Xesús o Reino de Deus
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
Ver máis
Despertade! (2020)
g20 núm. 1 páxs. 14-15
Un neno e o seu pai xogando coas ondas do mar, mentres a nai e as fillas desfrutan mirando para eles dende a praia.

COMO REDUCIR O ESTRÉS

Unha vida sen estrés é posible

Os consellos da Biblia pódennos axudar a reducir o estrés. Nós non podemos eliminar todo o que nos causa estrés, pero o noso Creador si que pode. De feito, xa escolleu a alguén para que nos axude: Xesucristo. Cando estivo na Terra, Xesús fixo cousas impresionantes. Pero pronto fará cousas aínda máis marabillosas por toda a humanidade. Vexamos algunhas:

XESÚS CURARÁ OS ENFERMOS

“Traíanlle enfermos con toda clase de doenzas [...] e a todos curaba” (MATEO 4:24).

XESÚS DARANOS CASA E ALIMENTOS A TODOS

“Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos. Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma” (ISAÍAS 65:21, 22).

XESÚS LOGRARÁ QUE HAXA PAZ E SEGURIDADE NO MUNDO

“Nos seus días o xusto florecerá, e haberá paz en abundancia ata que a lúa xa non exista. El gobernará de mar a mar e dende o Río ata os confíns da terra. [...] Os seus inimigos morderán o po” (SALMO 72:7-9, TNM).

XESÚS ELIMINARÁ AS INXUSTIZAS

“Terá piedade dos febles e indixentes, salvará a vida dos pobres; rescataraos da inxuria e da opresión” (SALMO 72:13, 14).

XESÚS ACABARÁ CO SUFRIMENTO E A MORTE

“A morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (APOCALIPSE 21:4).

“HABERÁ INTRES DIFÍCILES”

“O mundo está cada vez máis estresado, preocupado, triste e cheo de dor” (Mohamed S. Younis, editor xefe de Gallup).

Por que é o estrés algo tan común? A Biblia dános unha resposta moi lóxica en 2 Timoteo 3:1, onde di: “Ten ben sabido isto: que nos días derradeiros haberá intres difíciles”. A Biblia explica que a razón pola que o estrés é tan común ten que ver coa mala actitude da xente. As persoas amarían os cartos, serían arrogantes e violentas, finxirían ser relixiosas, non amarían a súa familia e non terían autocontrol (2 Timoteo 3:2-5). Os últimos días rematarán cando Xesucristo comece a gobernar toda a Terra dende o ceo como Rei do Reino de Deus (Daniel 2:44).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir