As boas noticias segundo Lucas
21 Xesús levantou a mirada e viu que os ricos estaban botando os seus donativos nas arcas* do tesouro. 2 Tamén viu unha viúva que era pobre botando dúas moediñas que valían moi pouco*, 3 e dixo: “Asegúrovos que esta viúva pobre botou máis que tódolos demais. 4 Porque todos estes fan donativos do que lles sobra pero ela, sendo tan pobre, botou todo o que tiña para vivir”.
5 Máis tarde, mentres algúns estaban falando do templo, de como estaba adornado con pedras extraordinarias e con cousas dedicadas a Deus, 6 Xesús dixo: “Virán días nos que non vai quedar pedra sobre pedra de todo isto que agora vedes. Todo vai ser derribado”. 7 Entón preguntáronlle: “Mestre, cando pasarán realmente esas cousas? E cal será o sinal que indique que todas esas cousas están a punto de pasar?”. 8 El contestoulles: “Tede coidado de que non vos enganen, porque moitos virán usando o meu nome e dicindo ‘Son eu’ ou ‘O tempo fixado está cerca’. Non vaiades detrás deles. 9 Ademais, cando escoitedes falar de guerras e de disturbios*, non vos aterroricedes. Porque estas cousas teñen que suceder primeiro, pero o fin non virá inmediatamente”.
10 Entón díxolles: “As nacións loitarán unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros. 11 Haberá grandes terremotos, e fame e epidemias* en moitos lugares. Veranse cousas terribles e grandes sinais do ceo.
12 ”Pero antes de que pasen todas estas cousas, arrestaranvos e perseguiranvos. Entregaranvos ás sinagogas para que vos xulguen e tamén vos meterán na prisión. E vanvos levar ante reis e gobernadores porque sodes os meus seguidores*. 13 Así poderedes dar testemuño*. 14 Polo tanto, estade decididos a* non preparar a vosa defensa con antelación, 15 porque vos darei unhas palabras e unha sabedoría que nin tódolos que están en contra vosa xuntos poderán refutar nin contradicir. 16 Ademais, incluso os vosos pais, irmáns, familiares e amigos vos entregarán*, e por iso a algúns de vós mataranvos. 17 Todos vos odiarán porque sodes os meus seguidores*. 18 Pero aínda así, non perderedes nin un só pelo da vosa cabeza. 19 Co voso aguante salvaredes a vosa vida.
20 ”Ademais, cando vexades Xerusalén rodeada de exércitos acampados, podedes estar seguros de que se acercou a súa destrución. 21 Entón, os que estean en Xudea, que escapen para as montañas, os que estean no medio de Xerusalén, que marchen de alí, e os que estean no campo, que non entren nela*. 22 Porque estes son días para facer xustiza*, para que se cumpran tódalas cousas que están escritas. 23 Pobres das mulleres que estean embarazadas ou dando o peito neses días! Porque haberá moita angustia na terra e este pobo será castigado. 24 Algúns morrerán pola espada e a outros levaranos presos a tódalas nacións. E as nacións* pisarán Xerusalén ata que se cumpran os tempos fixados das nacións*.
25 ”Tamén haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas, e na terra haberá angustia entre as nacións, que non saberán que facer ante o ruxir do mar axitado. 26 A xente desmaiarase polo medo e pola ansiedade que sentirán polas cousas que pasarán na terra*, porque os poderes dos ceos serán sacudidos. 27 Entón verán o Fillo do Home vindo nunha nube con poder e gran gloria. 28 Pero cando empecen a suceder estas cousas, poñédevos de pé e levantade a cabeza, porque se acerca a vosa liberación”.
29 E púxolles unha comparación: “Fixádevos na figueira e en tódalas demais árbores. 30 Cando vedes que lles empezan a saír follas, sabedes que o verán está cerca. 31 Igualmente, cando vexades que pasan estas cousas, sabede que o Reino de Deus está cerca. 32 Asegúrovos que de ningunha maneira desaparecerá esta xeración ata que sucedan tódalas cousas. 33 O ceo e a terra desaparecerán, pero as miñas palabras non desaparecerán nunca.
34 ”Pero estade atentos a vós mesmos, para que o voso corazón nunca chegue a estar demasiado cargado por comer e beber de máis e polas preocupacións da vida, e de repente ese día vos colla por sorpresa 35 coma se fose unha trampa. Porque virá sobre tódolos que viven na terra. 36 Polo tanto, mantédevos despertos, e facede súplicas en todo momento para que poidades escapar de todas estas cousas que teñen que suceder e poidades estar de pé diante do Fillo do Home”.
37 Xesús ensinaba no templo de día, pero de noite marchaba de alí e quedaba* na montaña chamada o Monte das Oliveiras. 38 E cedo pola mañá, todo o pobo ía ó templo a escoitalo.