PREGUNTAS DA XUVENTUDE
Debería bautizarme? | Parte 2. Como prepararte para o bautismo
Se xa estás vivindo de acordo cos principios bíblicos e cultivaches unha amizade con Deus, é natural que esteas pensando en bautizarte. Pero, como sabes se estás preparado para dar ese paso?a
Neste artigo verás:
Que máis necesito saber?
Prepararse para o bautismo non significa que teñas que memorizar cousas, como cando se prepara un exame. Pero si implica que terás que usar a “capacidade de razoar” para convencerte por completo de que o que a Biblia ensina é a verdade (Romanos 12:1). Por exemplo:
Estás convencido de que Deus existe e de que merece a túa adoración?
O que di a Biblia: “Quen quere achegarse a Deus precisa crer que El existe e que recompensa os que o buscan” (Hebreos 11:6).
Pregúntate: “Por que creo en Deus?” (Hebreos 3:4). “Por que merece que o adore?” (Apocalipse 4:11).
Necesitas axuda? Mira o artigo “¿Creación o evolución? Primera parte: ¿Por qué creer en Dios?”.
Estás convencido de que o que di a Biblia vén de Deus?
O que di a Biblia: “Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para enmendar, para educar na xustiza” (2 Timoteo 3:16).
Pregúntate: “Por que estou convencido de que a Biblia non é un libro con ideas humanas?” (Isaías 46:10; 1 Tesalonicenses 2:13).
Necesitas axuda? Mira o artigo “Como me pode axudar a Biblia? | Parte 1. Descubre os tesouros da Biblia”.
Estás convencido de que Xehová usa a congregación cristiá para cumprir a súa vontade?
O que di a Biblia: “Que [Deus] reciba a gloria mediante a congregación e mediante Cristo Xesús por tódalas xeracións para sempre” (Efesios 3:21).
Pregúntate: “Penso que o que aprendo da Biblia nas reunións vén de Deus ou penso que son ideas de seres humanos?” (Mateo 24:45). “Vou ás reunións incluso cando meus pais non poden (se che permiten ir)?” (Hebreos 10:24, 25).
Necesitas axuda? Mira o artigo “Por que debería ir ás reunións no Salón do Reino?”.
Que debería estar facendo?
Non tes que ser perfecto para bautizarte. Pero, si deberías estar demostrando que queres apartarte do malo e facer o que está ben (Salmo 34:15 [34:14, TNM]). Por exemplo:
Estás vivindo de acordo coas normas de Xehová?
O que di a Biblia: “Tede a conciencia limpa” (1 Pedro 3:16).
Pregúntate: “Como estou demostrando que a miña capacidade de pensar está adestrada para ‘distingui-lo bo do malo’?” (Hebreos 5:14). “Podo recordar algunhas situacións específicas nas que resistín a presión doutros rapaces para facer algo malo? Anímanme os amigos que teño a facer cousas boas?” (Proverbios 13:20).
Necesitas axuda? Mira o artigo “¿Cómo puedo educar mi conciencia?”.
Comprendes que es responsable dos teus actos?
O que di a Biblia: “Así que cada un de nós terá que render contas de si mesmo a Deus” (Romanos 14:12).
Pregúntate: “Son honesto comigo mesmo e con outros?” (Hebreos 13:18). “Recoñezo os meus erros, ou trato de escondelos ou de botarlles a culpa ós demais?” (Proverbios 28:13).
Necesitas axuda? Mira o artigo “¿Qué debería hacer cuando cometo un error?”.
Estás cultivando unha amizade con Xehová?
O que di a Biblia: “Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8).
Pregúntate: “Que estou facendo para achegarme máis a Xehová?”. Por exemplo: “Con que frecuencia leo a Biblia?” (Salmo 1:1, 2). “Oro con regularidade?” (1 Tesalonicenses 5:17). “Son específicas as miñas oracións? Os meus amigos son tamén amigos de Xehová?” (Salmo 15:1, 4).
Necesitas axuda? Le o artigo “Como me pode axudar a Biblia? | Parte 2. Desfruta lendo a Biblia” e o artigo “Por que debería orar?”.
CONSELLO: Algo que che vai axudar a prepararte para o bautismo é ler o capítulo 37 do libro Lo que los jóvenes preguntan. Respuestas prácticas (volumen 2). Fíxate sobre todo nas actividades das páxinas 308 e 309.
a Le o artigo “Debería bautizarme? | Parte 1” onde se analiza o que implica e a importancia de dedicarte a Deus e bautizarte.