Introdución á sección 6
Cando os israelitas finalmente chegaron á Terra Prometida, o tabernáculo converteuse no centro de adoración a Xehová. Os sacerdotes ensinaban a Lei e os xuíces guiaban a nación. Esta sección mostra o profundo efecto que as nosas decisións e accións poden ter nos demais. Cada israelita era responsable ante Xehová e o próximo. Se tes fillos, destaca como influíron Débora, Noemí, Xosué, Ana, a filla de Iefté e Samuel na xente da súa época. Resalta o feito de que mesmo algunhas persoas que non eran israelitas, como Rahab, Rut, Iael ou os gabaonitas, decidiron unirse a eles porque sabían que Xehová estaba con Israel.