BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp17 núm. 1
  • Por onde empezar?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por onde empezar?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
  • Información relacionada
  • Como lle podes sacar o máximo proveito á Biblia
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como me pode axudar a Biblia? | Parte 3. Aproveita ó máximo a túa lectura da Biblia
    Preguntas da xuventude
  • Sácalle máis proveito á túa lectura da Biblia
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • “Sede cumpridores da Palabra”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
wp17 núm. 1

TEMA DE PORTADA | DESFRUTA DE LER A BIBLIA

Por onde empezar?

Unha muller orando antes de ler a Biblia.

Que podes facer para desfrutar da lectura da Biblia e sacar o máximo proveito dela? Imos ver cinco ideas que lles funcionaron a moitas persoas.

Escolle ben o momento e o lugar. Busca un sitio tranquilo. Se reduces as distraccións e tes unha boa iluminación e ventilación, concentraraste máis na lectura.

Le cunha mente aberta. A Biblia é un agasallo do noso Pai celestial. Para sacar o máximo proveito de lela, faino coa mesma actitude que tería un neno que quere aprender de seu pai. Deixa de lado calquera idea negativa ou prexuízo que teñas dela, e permite que Deus che ensine (Salmo 25:4).

Ora antes de empezar. A Biblia vén de Deus, así que é lóxico que precisemos a súa axuda para entendela. El promete que lles dará “Espírito Santo ós que llo pidan” (Lucas 11:13). O espírito santo pode axudarche a entender o xeito de pensar do Creador. E co tempo, chegarás a entender “mesmo as profundidades de Deus”(1 Corintios 2:10).

Pensa no que les. Non leas por ler. Máis ben, pensa no que vas lendo e pregúntate: “Que calidades demostrou o protagonista deste relato? Como podo levar á práctica o que estou aprendendo?”.

Ponte obxectivos concretos. Para desfrutar de ler a Biblia, esfórzate por aprender algo que che axude a mellorar a túa vida. Podes poñerte obxectivos como coñecer mellor a Deus ou ser mellor persoa, mellor marido ou muller. Despois, escolle partes da Biblia que che axuden a alcanzar estes obxectivos.a

Estas cinco suxestións poden axudarche a empezar. Pero, que podes facer para que a lectura da Biblia sexa máis interesante? No seguinte artigo vas atopar máis ideas.

a Se non tes claro que partes da Biblia che poden axudar a alcanzar os teus obxectivos, as testemuñas de Xehová estarán encantadas de botarche unha man.

DESFRUTA DA LECTURA

  • Emprega o tempo que che faga falta, e non corras.

  • Imaxina o que estás a ler e métete no relato.

  • Intenta ver como encaixa o que estás lendo co contexto.

  • Pensa nas leccións que aprendes do que estás lendo.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir