BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp24 núm. 1 páxs. 6-9
  • Como facer o correcto? A Biblia, unha guía confiable

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como facer o correcto? A Biblia, unha guía confiable
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • A GUÍA QUE NECESITAMOS
  • A BIBLIA DINOS O QUE DEUS DESEXA QUE FAGAMOS
  • Máis axuda para as familias
    Despertade! (2018)
  • Como facer o correcto? Unha decisión que tes que tomar
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
  • Como che pode axudar a ti a Biblia?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
  • Busca sabedoría para a vida diaria en JW.ORG
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
wp24 núm. 1 páxs. 6-9

Como facer o correcto? A Biblia, unha guía confiable

Non podemos estar seguros de que as nosas decisións nos leven polo bo camiño se só as baseamos en como nos sentimos nós ou a xente que nos rodea. A Biblia demostra por que é así. Ademais dános unha guía moral confiable que nos axuda a ser felices.

A GUÍA QUE NECESITAMOS

Na Biblia, Xehováa Deus explica que os humanos necesitamos a súa axuda e que non podemos guiarnos ou dirixirnos a nós mesmos (Xeremías 10:23). Por iso nos deixou a guía moral que encontramos na Biblia. El ama a humanidade e non quere que pasemos polas dolorosas consecuencias e a frustración que produce tomar decisións importantes na vida baseándonos no método de ensaio e erro (Deuteronomio 5:29; 1 Xoán 4:8). Ademais, como é o noso Creador, ten a sabedoría e o coñecemento necesarios para darnos os mellores consellos (Salmo 100:3; 104:24). Aínda así, el nunca obriga a ninguén a obedecer as súas normas.

Xehová deulles ó primeiro home e á primeira muller, Adán e Eva, todo o que necesitaban para ser verdadeiramente felices (Xénese 1:28, 29; 2:8, 15). Tamén lles pediu que obedecesen algunhas instrucións moi sinxelas. Pero deixou que escollesen se as querían obedecer ou non (Xénese 2:9, 16, 17). Tristemente Adán e Eva decidiron vivir segundo as súas propias normas en vez de seguir as de Deus (Xénese 3:6). Cal foi o resultado? Foille ben á humanidade decidindo por si mesma o que está ben e o que está mal? Non. A historia confirma que ignorar as normas de Deus non trae paz e felicidade duradeiras (Eclesiastés 8:9).

A Biblia dános a guía que necesitamos para tomar boas decisións sen importar onde vivamos e cales sexan os nosos antecedentes (2 Timoteo 3:16, 17; mira o recadro “Un libro para todo o mundo”). Vexamos como o fai.

Para saber máis sobre por que se lle pode chamar á Biblia a “palabra de Deus”, mira o vídeo Quen é o autor da Biblia? en jw.org (1 Tesalonicenses 2:13).

UN LIBRO PARA TODO O MUNDO

É lóxico esperar que un Creador sabio e amoroso poña a súa guía moral ó alcance de todos. Fíxate nos seguintes datos sobre a Biblia:

Persoas de diferentes nacionalidades lendo a Biblia. Na parte de diante da ilustración vense varias Biblias en formato impreso e dixital.
  • +3500 Número de idiomas nos que está dispoñible polo menos unha parte da Biblia. Isto fai que sexa o libro máis traducido da historia.

  • +5.000.000.000 Número de copias da Biblia que se produciron. Isto convértea no libro máis distribuído da historia.

A Biblia non di que ningunha raza, nación, tribo ou cultura estea por encima doutra. Realmente é un libro para todo o mundo.

Le a Biblia en liña en jw.org (dispoñible en máis de 250 idiomas).

Un home lendo a Biblia e usando o dedo para marcar por onde vai lendo.

POR QUE DESCARTAN ALGÚNS A BIBLIA

Algúns afirman que a Biblia non pode darnos guía moral confiable. Quizais utilicen algunha das seguintes obxeccións:

Obxección: “A Biblia ten contradicións”.

Feito: Hai algunhas pasaxes que poderían parecer contraditorias. Pero ó ter en conta o contexto, os feitos históricos, os costumes, o punto de vista do escritor e outros factores, queda claro que non é así.

Para ver algúns exemplos específicos, le en jw.org o artigo “¿Se contradice la Biblia?” (dispoñible en español).

Obxección: “A xente que afirma seguir o que di a Biblia fai cousas malas. Así que non debe ser tan boa guía moral”.

Feito: A Biblia non ten a culpa do mal comportamento de quen non pon en práctica o que esta ensina. Nela xa se predixo que moitas persoas, incluídos líderes relixiosos, dirían que seguen a Biblia pero cos seus actos demostrarían todo o contrario. Tamén di que, por culpa disto, se falaría mal das ensinanzas bíblicas (2 Pedro 2:1, 2).

Para ver un exemplo de como moitos líderes relixiosos se desviaron do que ensina realmente a Biblia, mira en jw.org o artigo “La religión, ¿un gran negocio?” (dispoñible en español).

Obxección: “A Biblia promove un punto de vista intolerante”.

Feito: A Biblia anímanos a tratar os demais con respecto. Non apoia as seguintes actitudes:

  • Crerse superior ós demais (Filipenses 2:3).

  • Non respectar a quen ten diferentes valores ou crenzas (1 Pedro 2:17).

  • Obrigar a outros a estar de acordo con nós (Mateo 10:14).

A Biblia mostra como Deus sempre trata as persoas de maneira amable e xusta. Tamén deixa claro que el quere que nós fagamos o mesmo (Romanos 9:14).

Se queres máis información, le en jw.org o artigo “Como nos pode axudar a Biblia a ser tolerantes?”.

A BIBLIA DINOS O QUE DEUS DESEXA QUE FAGAMOS

A Biblia cóntanos de maneira exacta a relación que tivo Deus coa humanidade dende o principio. O seu contido axúdanos a entender o punto de vista que el ten sobre o que está ben e o que está mal, o que nos beneficia e o que nos fai dano (Salmo 19:8, 12 [19:7, 11, TNM]). Nela aprendemos principios que nunca deixan de ser útiles e que nos axudan a tomar decisións sabias no noso día a día.

Por exemplo, fíxate no consello que encontramos en Proverbios 13:20: “Vai onda os sabios: voltarás sabio; quen fai compaña ós necios, terá que sufrir”. Este principio segue sendo tan certo nos nosos días coma o foi en tempos pasados. A Biblia está chea de consellos prácticos e valiosos coma este (mira o recadro “A sabedoría da Biblia nunca queda anticuada”).

Pero quizais te preguntes: “Como podo estar seguro de que a guía moral que dá a Biblia segue sendo útil hoxe en día?”. No seguinte artigo veremos algunhas experiencias da vida real.

a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).

A SABEDORÍA DA BIBLIA NUNCA QUEDA ANTICUADA

A pesar de que a Biblia se acabou de escribir hai case 2000 anos, segue sendo práctica hoxe en día. A esencia do ser humano non cambiou, seguimos buscando o mesmo: sentirnos satisfeitos e ter unha vida feliz (Eclesiastés 1:9). A sabedoría da Biblia nunca deixa de ser útil, e por iso nos pode axudar a conseguir ese obxectivo.

Honestidade

  • “Queremos portarnos decentemente en todo” (Hebreos 13:18).

  • “O que antes roubaba, que non roube máis e que se esforce en traballar honradamente” (Efesios 4:28).

Trato cos demais

  • “Que ninguén busque o seu propio interese, senón o dos demais” (1 Corintios 10:24).

  • “Aturádevos uns ós outros e perdoádevos” (Colosenses 3:13).

Tomar decisións

  • “O inxenuo dá creto ó que sexa, o asisado calcula os seus pasos” (Proverbios 14:15).

  • “O asisado ve o perigo e apártase; os docas tiran para diante, e páganas” (Proverbios 22:3).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir