BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 111
  • A guerra nuclear. O que di a Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A guerra nuclear. O que di a Biblia
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Predixo a Biblia unha guerra nuclear?
  • Permitirá Deus unha guerra nuclear?
  • Sobrevivirá o planeta Terra?
  • Como podes facerlle fronte á “ansiedade nuclear”?
  • Profetizou a Biblia un Armaxedón nuclear?
  • Segundo a Biblia, cal será a solución das guerras?
  • Os políticos advirten da chegada do Harmaguedón. O que di a Biblia
    Outros temas
Outros temas
mrt artigo 111
Vista dende o espazo exterior: nubes en forma de fungo causadas por explosións nucleares na Terra.

A guerra nuclear. O que di a Biblia

O mundo enfróntase á ameaza dunha guerra nuclear mentres as potencias mundiais seguen tendo e aumentando os seus arsenais nucleares. Como cada vez hai máis armas desta clase, as persoas están preocupadas polo risco de que comece unha guerra nuclear. É máis, algúns teñen medo de que o uso dunha arma nuclear pequena poida provocar unha guerra deste tipo a grande escala que acabe co planeta. Como dixo o Bulletin of the Atomic Scientists, vivimos “coa ameaza constante dunha guerra nuclear”.

É posible que haxa unha guerra nuclear? Sobreviviría o planeta? Que podemos facer se temos medo ante a posibilidade dunha guerra nuclear? Que di a Biblia?

Neste artigo responderemos as seguintes preguntas:

  • Predixo a Biblia unha guerra nuclear?

  • Permitirá Deus unha guerra nuclear?

  • Sobrevivirá o planeta Terra?

  • Como podes facerlle fronte á “ansiedade nuclear”?

  • Profetizou a Biblia un Armaxedón nuclear?

  • Segundo a Biblia, cal será a solución das guerras?

  • Fala o libro bíblico de Apocalipse dunha guerra nuclear?

Predixo a Biblia unha guerra nuclear?

A Biblia non fala de forma específica deste tipo de guerras. Agora ben, si fala de actitudes ou sucesos que aumentan o risco de que ocorra unha guerra nuclear.

Compara o que dixo a Biblia co que está ocorrendo hoxe en día no mundo:

Textos bíblicos: Os discípulos de Xesús preguntaron: “Cal será o sinal da túa presenza e da parte final do sistema?”. E Xesús respondeu: “As nacións loitarán unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros” (Mateo 24:3, 7).

Sucesos mundiais: Moitos países, entre eles os que teñen capacidades nucleares, están participando en conflitos armados con máis frecuencia.

“O mundo estase volvendo moito máis violento nos últimos anos: os conflitos non deixaron de aumentar” (The Armed Conflict Location & Event Data Project).

Texto bíblico: “No tempo da fin, o rei do sur envolverase nun conflito co [rei do norte]” (Daniel 11:40, TNM).

Sucesos mundiais: Como predixo a Biblia, países inimigos e os seus aliados compiten para demostrar quen é o máis poderoso. Na actualidade, as potencias nucleares máis grandes quizais eviten a confrontación directa, pero seguen ampliando as súas capacidades en armamento nuclear.

“Nos últimos dez anos, houbo un maior número de conflitos entre países, incluídos aqueles casos onde as grandes potencias apoian lados opostos do conflito” (Programa de Datos sobre Conflitos da Universidade de Uppsala).

Textos bíblicos: “Nos últimos días virán tempos críticos e difíciles de soportar”. Os seres humanos “non estarán dispostos a chegar a ningún acordo, serán calumniadores, non terán autocontrol, serán feroces” (2 Timoteo 3:1-3, TNM).

Sucesos mundiais: Como moitas persoas da actualidade, habitualmente os líderes mundiais non están de acordo. E en vez de resolver as súas diferenzas de forma pacífica, intentan resolver os seus conflitos usando as ameazas ou a forza. Todo isto aumenta o risco dunha guerra nuclear.

“Se non atopamos unha maneira de cooperar entre todos nós, os conflitos serán cada vez máis destrutivos (Samir Saran e Jane Harman, Foro Económico Mundial).

Permitirá Deus unha guerra nuclear?

A Biblia non o di, pero o que si di é que nos nosos días se verían “cousas terribles e grandes sinais do ceo” (Lucas 21:11). Un exemplo foi o lanzamento das bombas atómicas durante a Segunda Guerra Mundial. A Biblia explica por que Deus permitiu as guerras. Para saber máis, mira o vídeo Por que permite Deus o sufrimento?

Sobrevivirá o planeta Terra?

Si. Aínda que o home usase armas nucleares de novo, Deus non permitiría que a situación chegase ó punto de destruír o planeta. A Biblia di que o noso planeta nunca será destruído e que os seres humanos vivirán nel para sempre.

“A terra permanecerá para sempre” (Eclesiastés 1:4, TNM).

“El é Deus, o formador da terra [. . .], non a creou coma un caos, formouna para ser habitada” (Isaías 45:18).

Algunhas persoas imaxinan que, no futuro, so quedarán algúns seres humanos loitando por sobrevivir nunha Terra devastada e contaminada por culpa dunha guerra nuclear. Pero a Biblia indica que calquera dano que se lle faga á Terra por causa das guerras será completamente reparado.

“¡Que se alegren o deserto e maila terra reseca, que brinque de ledicia a estepa e que floreza!” (Isaías 35:1).

Xente traballando xunta e feliz nunha terra paradisíaca.

Deus quere que vivamos felices nunha terra fermosa.

O noso Creador deseñou a Terra coa capacidade incrible de rexenerarse. Ó final, Deus usará o seu poder para restaurar a Terra e o noso planeta será para sempre un magnífico fogar para a humanidade (Salmo 37:11, 29; Apocalipse 21:5).

Como podes facerlle fronte á “ansiedade nuclear”?

Algúns poden sufrir de “ansiedade nuclear”, que se define como o “medo a unha guerra nuclear e ás súas consecuencias”. As promesas e consellos da Biblia poden axudarlles ás persoas a facerlles fronte ós seus medos e a estar máis tranquilos. De que maneira?

A Biblia describe un futuro brillante para a Terra e para os que viven nela. Aprender máis sobre esta esperanza pode ser como “unha áncora” para a nosa vida e axudarnos a ter menos medo (Hebreos 6:19). Tamén é bo vivir día a día e non obsesionarnos polas cousas malas que poderían pasar no futuro. Como dixo Xesús, “xa chega cos problemas que hai cada día” (Mateo 6:34).

De feito, todos facemos ben en coidar a nosa saúde mental e emocional. Podemos facelo evitando expoñernos innecesariamente a información que nos cause ansiedade, como por exemplo discusións, predicións e opinións sobre os últimos desenvolvementos nucleares. Isto non significa que escollamos ignorar a realidade. Máis ben, escollemos non pensar en cousas sobre as que non temos ningún control e que quizais nunca sucedan.

“A ansiedade no corazón do home angústiao, a verba agarimosa alégrao” (Proverbios 12:25).

Deixa de pensar por un momento en malas noticias e céntrate nas cousas boas que hai na túa vida.

“Que o Deus da esperanza vos encha de alegría e de paz na vosa fe” (Romanos 15:13).

Serie de imaxes: Un home mirando cara ó futuro con confianza. 1. Detrás del vense escenas de guerra, un avión de combate, mísiles nucleares e unha nube con forma de fungo. 2. Diante del vese unha terra limpa e pacífica, fermosas montañas, vales verdes, un río cheo de auga e tamén algúns paxaros.

A Biblia ofrece a esperanza segura dun futuro mellor.

Aprender máis sobre as promesas de Deus pode darche esperanza, alegría e paz interior.

Profetizou a Biblia un Armaxedón nuclear?

Algúns pensan que o Armaxedón será unha guerra nuclear a nivel mundial e imaxinan que as consecuencias dun suceso coma ese serían catastróficas.

En cambio, a Biblia usa a palabra “Armaxedón”, ou “Harmaguedón”, para referirse a unha guerra entre “os reis de toda a terra”, ou gobernos humanos, e Deusa (Apocalipse 16:14, 16). Esta guerra non provocará unha destrución aleatoria, como si o faría un holocausto nuclear. Máis ben, durante o Armaxedón, Deus destruirá só os malvados. Isto fará que haxa verdadeira paz e seguridade (Salmo 37:9, 10; Isaías 32:17, 18; Mateo 6:10).

Segundo a Biblia, cal será a solución das guerras?

“El acaba coas guerras por toda a terra. Rompe o arco e esnaquiza a lanza, queima os carros militares no lume” (Salmo 46:9, TNM).

Xehováb demostrará o seu poder sobre as nacións acabando cos seus conflitos e destruíndo as súas armas. Vaino facer mediante o seu Reino, un goberno celestial que tomará o control de toda a Terra (Daniel 2:44).

O Reino de Deus ensinaralles ás persoas a vivir en paz e unidade. Como só haberá un goberno en toda a Terra, desaparecerán os desacordos internacionais e a xente nin sequera aprenderá a loitar nas guerras (Miqueas 4:1-3). Cal será o resultado? “Cada un sentará debaixo da súa parra e debaixo da súa figueira sen que ninguén o atemorice” (Miqueas 4:4).

a Mira o artigo “Que é a guerra de Harmaguedón?”.

b Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Le o artigo “Quen é Xehová?”.

Fala o libro bíblico de Apocalipse dunha guerra nuclear?

Algúns pensan que o libro de Apocalipse fala dunha destrución causada por un holocausto nuclear (Apocalipse 6:14; 8:7-12; 16:1-21). Por exemplo, fala sobre “facer baixar lume do ceo á terra” (Apocalipse 13:11-13). As testemuñas de Xehová entenden que isto non se refire a unha guerra nuclear a grande escala, senón ó uso de bombas atómicas durante a Segunda Guerra Mundial.

Aínda que o libro de Apocalipse se refire a eses sucesos nucleares, o seu propósito non é describilos en detalle. Ó ler o libro de Apocalipse, lembra:

  • Este libro usa moitos sinais, ou símbolos, que non se deben entender literalmente (Apocalipse 1:1).

  • Non se escribiu para aterrorizar os lectores. Máis ben, a súa mensaxe fai felices a aqueles que a entenden e a aplican (Apocalipse 1:3).

Para máis información, le o artigo “¿Cuál es el mensaje del libro de Apocalipsis?”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir