BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp18 núm. 3 páxs. 6-7
  • Enténdete Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Enténdete Deus?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O QUE NOS ENSINA A CREACIÓN
  • O QUE NOS ENSINA A BIBLIA SOBRE O BEN QUE NOS ENTENDE DEUS
  • DEUS É MOI COMPASIVO
  • Mostra Deus empatía?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
  • Quero morrer. Pode axudarme a Biblia se teño pensamentos suicidas?
    Preguntas sobre a Biblia
  • O prodixio do corpo humano
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • 1 | A oración: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
wp18 núm. 3 páxs. 6-7
Fotos dun home cando era un bebé, un rapaz, na súa voda e coa súa muller e fillos.

“O meu embrión víano os teus ollos” (SALMO 139:16).

Enténdete Deus?

O QUE NOS ENSINA A CREACIÓN

Pensa por un momento nunha das relacións máis estreitas que poden ter os seres humanos: a dos xemelgos idénticos. Estas persoas teñen unha conexión moi especial. Algúns deles incluso “saben o que é dicirlle algo a alguén e que o entenda perfectamente sen ter que darlle explicacións”, di Nancy Segal, directora dun centro que se dedica ó estudo de xemelgos (Twin Studies Center) e que tamén ten unha irmá xemelga. Unha muller describiu a relación que ten coa súa irmá xemelga idéntica desta maneira: “Sabémolo todo a unha da outra”.

A que se debe esta conexión tan especial? Algúns estudos suxiren que a contorna e a crianza son elementos importantes, pero que a clave está na similitude xenética que hai entre os xemelgos idénticos.

PENSA NISTO: Seguro que o Creador de todo este incrible material xenético coñece mellor ca ninguén como estamos formados cada un de nós. De feito, o salmista David dixo: “Tecíchesme no seo da miña nai”. E engadiu: “Non che estaba oculta a miña esencia, cando no segredo era formado [...]. O meu embrión víano os teus ollos” (Salmo 139:13, 15, 16). Deus é o único que sabe e pode comprender por completo non só como estamos formados xeneticamente, senón tamén tódolos sucesos que vivimos e que formaron a nosa personalidade. Por iso podemos estar seguros de que el nos entende á perfección.

O QUE NOS ENSINA A BIBLIA SOBRE O BEN QUE NOS ENTENDE DEUS

David dixo en oración: “Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben, ti sabes cando sento e me levanto, penetras nos meus pensamentos desde lonxe”. E tamén dixo: “Aínda non está na miña lingua a palabra e xa ti, Señor, a coñeces enteira” (Salmo 139:1, 2, 4). Ademais, Xehová coñece os nosos sentimentos máis profundos e incluso as nosas intencións (1 Samuel 16:6, 7; 1 Crónicas 28:9). Que nos ensinan estes versículos sobre Deus?

Ensínannos que o noso Creador non só ve o que facemos, senón que tamén comprende os pensamentos e sentimentos que hai detrás das nosas accións, aínda que non sexamos capaces de expresarllos con palabras cando lle oramos. Ademais sabe tódalas cousas boas que nos gustaría facer, incluso se polas nosas limitacións non somos capaces de facelas. Como foi el quen nos creou coa capacidade de demostrar amor, pode e ata desexa coñecer e comprender os nosos bos pensamentos e motivos (1 Xoán 4:7-10).

Non hai nada que lle pase desapercibido a Xehová. Aínda que outros non se dean conta ou non comprendan canto sufrimos, el si que o fai.

A Biblia asegúranos:

  • “Os ollos de Xehová fíxanse nos xustos e os seus oídos escoitan as súas súplicas” (1 PEDRO 3:12).

  • Deus prométenos: “Eu instruireite e ensinareiche o camiño que has de seguir; aconsellareite, pousarei os meus ollos sobre ti” (SALMO 32:8).

DEUS É MOI COMPASIVO

Cres que saber que Xehová entende a nosa situación e sentimentos pode axudarnos a facerlles fronte ás dificultades? Vexamos o que lle pasou a Anna, de Nixeria. Ela di: “Estaba tan desesperada que me preguntaba se valía a pena vivir. Era viúva e tiña que coidar da miña filla que estaba no hospital con hidrocefalia (exceso de líquido no cerebro). Ó mesmo tempo diagnosticáronme cáncer de mama. Tiven que operarme e recibir quimioterapia e radioterapia. Foi moi difícil pasar por todo isto mentres a miña filla tamén estaba hospitalizada”.

Que lle axudou a Anna a aguantar? Ela conta: “Reflexionei nalgúns textos bíblicos como Filipenses 4:6, 7, que di: ‘A paz de Deus, que vai máis alá do que calquera ser humano pode entender, protexerá o voso corazón e a vosa mente’. Cada vez que me lembraba deste texto, sentíame moi unida a Xehová porque me recordaba que el me coñece incluso mellor que eu mesma. Tamén recibín moito ánimo dos meus irmáns e irmás espirituais.

“Aínda que sigo tendo problemas de saúde, a miña situación e a da miña filla melloraron. Como temos a Xehová do noso lado, aprendemos a ser positivas cando lles facemos fronte ás dificultades. Santiago 5:11 asegúranos: ‘Consideramos felices ós que aguantaron. Vós escoitastes falar do aguante de Xob e vistes o que Xehová fixo por el ó final, e por iso sabedes que Xehová é moi cariñoso [ou “moi compasivo”, nota] e misericordioso’”. Xehová comprendía perfectamente os problemas de Xob e podemos estar seguros de que el tamén entenderá calquera dificultade pola que pasemos nós.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir