BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 maio páxs. 2-7
  • Imita os anxos fieis

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Imita os anxos fieis
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • OS ANXOS SON HUMILDES
  • OS ANXOS AMAN AS PERSOAS
  • OS ANXOS DEMOSTRAN AGUANTE
  • OS ANXOS AXUDAN A MANTER LIMPA A CONGREGACIÓN
  • Que son os anxos?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Preguntas dos lectores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 maio páxs. 2-7

ARTIGO DE ESTUDO 19

CANCIÓN sn 15 A creación pregoa a gloria de Xehová

Imita os anxos fieis

“Bendicide ó Señor, os seus anxos” (SAL. 103:20).

OBXECTIVO

Aprender do exemplo dos anxos fieis.

1, 2. a) En que somos diferentes ós anxos? b) En que nos parecemos ós anxos?

CANDO Xehová nos trouxo á verdade, invitounos a formar parte dunha cariñosa familia de servos seus. Isto inclúe os nosos irmáns de todo o mundo e tamén os millóns de anxos fieis (Dan. 7:9, 10). Cando pensamos nos anxos, pode ser que nos deamos conta do diferentes que son de nós. Por exemplo, eles viven dende hai moito máis tempo e son moito máis poderosos ca nós (Xob 38:4, 7). Ademais son santos e xustos a un nivel que nós non podemos alcanzar como humanos imperfectos (Luc. 9:26).

2 Pero o certo é que tamén temos moito en común. Por exemplo, igual que os anxos, podemos imitar as fermosas cualidades de Xehová. Tamén temos libre albedrío. Igual ca eles, cada un de nós temos o noso propio nome, unha personalidade diferente e distintas responsabilidades no servizo a Deus. E, de maneira parecida ós anxos, necesitamos adorar o noso Creador (1 Ped. 1:12).

3. Que podemos aprender dos anxos fieis?

3 Como temos moito en común cos anxos, o seu bo exemplo pode animarnos e ensinarnos moitas leccións importantes. Neste artigo veremos como podemos imitar as seguintes características dos anxos fieis: a súa humildade, o seu amor pola xente, o seu aguante e o seu esforzo por manter limpa a congregación.

OS ANXOS SON HUMILDES

4. a) Como demostran humildade os anxos? b) Por que son humildes? (Salmo 89:8 [89:7, TNM]).

4 Os anxos fieis son humildes. Aínda que teñen moita experiencia, poder e sabedoría obedecen as instrucións de Xehová (Sal. 103:20). Ó cumprir coas asignacións que el lles dá, nunca presumen nin usan o seu poder para chamar a atención sobre si mesmos. Están felices ó facer o que Xehová lles pide, incluso se nunca se chega a saber o seu nome (Xén. 32:25, 30 [32:24, 29, TNM]; 2 Reis 19:35).a Eles rechazan recibir a honra e a gloria que lle pertence a Xehová. Por que son tan humildes? Porque aman e respectan profundamente a Deus (le Salmo 89:8 [89:7, TNM]).

5. Como demostrou humildade un anxo cando corrixiu o apóstolo Xoán? (Ver tamén a imaxe).

5 Imos ver un suceso que demostra a humildade dos anxos. Arredor do ano 96 n. e. un anxo do que non sabemos o nome mostroulle unha visión incrible ó apóstolo Xoán (Apoc. 1:1). Como reaccionou Xoán? Intentou adorar o anxo. Pero esta criatura espiritual leal rapidamente o parou e díxolle: “¡Non, non o fagas! Son un servo de Deus igual ca ti e cós teus irmáns [...]. Adora a Deus” (Apoc. 19:10). Que resposta tan humilde! Ese anxo non buscaba recibir honor ou que o admirasen. Inmediatamente lle dixo a Xoán que adorase a Xehová. Ó mesmo tempo, tampouco deu a entender que era máis importante ca este home. Aínda que servira a Deus durante máis tempo e tiña moito máis poder que o apóstolo, dixo humildemente que este home era o seu compañeiro no servizo a Xehová. E pese a que tivo que corrixir a Xoán, non o tratou con dureza senón con amabilidade. É probable que entendese que este home quería adoralo simplemente porque estaba impresionado polas cousas que vira.

Un anxo impedindo que o apóstolo Xoán se incline e o adore.

O anxo demostrou humildade ó falar e corrixir a Xoán (ver o parágrafo 5).


6. Como podemos imitar a humildade dos anxos?

6 Como podemos imitar a humildade dos anxos? Nós tamén queremos cumprir coas nosas asignacións sen presumir e sen intentar levar os méritos do que conseguimos (1 Cor. 4:7). Ademais, non deberiamos sentirnos superiores a outros por levar máis anos no servizo a Xehová ou por ter certas responsabilidades. De feito, cantas máis responsabilidades teñamos menos importancia deberiamos darnos a nós mesmos (Luc. 9:48). Igual que os anxos, queremos servir os demais e non intentamos facer que outros pensen que somos máis importantes ca eles.

7. Como podemos demostrar humildade cando temos que corrixir ou dar un consello a alguén?

7 Tamén podemos mostrar humildade cando temos que dar consello ou corrixir alguén, sexa un irmán da congregación ou o noso fillo. Ás veces é necesario que deamos un consello directo. Pero, igual que o anxo que corrixiu con amabilidade a Xoán, podemos ser directos sen facer que a persoa se sinta desanimada. Se non nos cremos superiores ós demais, daremos o consello baseado na Biblia con respecto e cariño (Col. 4:6).

OS ANXOS AMAN AS PERSOAS

8. a) Segundo Lucas 15:10, como demostran os anxos o seu amor pola xente? b) Como nos axudan os anxos na predicación? (Mira tamén a imaxe).

8 Os anxos non ignoran o que lles ocorre ás persoas nin pensan que elas non son importantes, máis ben, ámanas. Alégranse moito cando un pecador se arrepinte, é dicir, cando unha ovelliña de Xehová que estaba perdida cambia o seu camiño e volve á verdade. Tamén están moi contentos cando alguén coñece a Xehová e fai os cambios necesarios para servilo (le Lucas 15:10). Ademais, os anxos apóiannos cando predicamos (Apoc. 14:6). Aínda que non lles prediquen directamente ás persoas, quizais guíen un publicador onda alguén que quere aprender sobre Xehová. Claro, non podemos asegurar que nun caso concreto os anxos estivesen implicados. Despois de todo, Xehová pode usar outros medios, como o seu espírito santo, para axudarlles ás persoas que queren coñecelo ou guiar os seus servos (Feit. 16:6, 7). De todas maneiras, utiliza os anxos para axudarnos cando predicamos. Así que, ó compartir as boas noticias, podemos estar seguros de que os anxos están colaborando con nós (mira o recadro “As súas oracións foron respondidas”).b

Unha parella camiñando pola rúa dunha cidade cun carriño da predicación pública. Uns anxos están encima dirixindo a atención da irmá cara a unha rapaza que está sentada nun banco e que parece estar desanimada.

Unha parella estivo participando na predicación pública. Ó volver á casa, a irmá ve unha muller que parece estar desanimada. A irmá dáse conta de que os anxos poden guiarnos ata os que quizais estean buscando axuda espiritual. Síntese motivada a animar a muller (ver o parágrafo 8).


As súas oracións foron respondidas

É posible que Xehová usase os anxos nas seguintes experiencias para responder as oracións.

  • Mentres estaba predicando por teléfono coa súa nai, unha publicadora de 12 anos que vive no Perú falou cunha muller que lle estivera pedindo a Deus que enviase alguén para axudarlle. Para esta muller a chamada da nena foi coma unha resposta ás súas oracións e empezou a estudar a Biblia. Pouco despois, empezou a ir ás reunións.

  • Unha muller estudou a Biblia en Romanía durante un tempo, pero despois deixouno. Máis tarde, mentres traballaba como coidadora en Italia, quixo volver a estudar. Como non coñecía ningunha Testemuña na zona, oroulle a Xehová para que lle axudase. Pouco despois, a familia para a que traballaba pediulle que fose a unha tenda. Aconselláronlle que non falase co dono do negocio. Dixéronlle: “É testemuña de Xehová e sempre lles fala da Biblia ós clientes”. Cando foi á tenda, o irmán predicoulle e ela viuno como unha resposta ás súas oracións. Volveu a estudar e fixo cambios na súa vida para servir a Xehová. Impresionado polo seu exemplo, un dos seus fillos tamén empezou a estudar e a asistir ás reunións de congregación.

  • Un matrimonio de Testemuñas quixo vender o seu coche. Cando outro matrimonio foi á súa casa para velo, os irmáns contáronlles por que querían vendelo. Explicáronlles que querían reducir os gastos para pasar máis tempo axudándolles a outros a aprender o que di a Biblia. O home deste matrimonio que quería comprar o coche díxolles: “Onte orei: ‘Por favor Deus, déixame coñecer alguén que me poida axudar. Teño moitas preguntas e necesito saber as respostas’”. Sentiu que coñecer este matrimonio de irmáns foi unha resposta á súa oración. El, a súa muller e as súas dúas fillas aceptaron un curso da Biblia. Agora toda a familia asiste ás reunións de congregación.

9. Como podemos demostrar o mesmo amor que senten os anxos polas persoas?

9 Como podemos demostrar o mesmo amor que senten os anxos polas persoas? Cando escoitemos que alguén foi readmitido, podemos alegrarnos coma os anxos. Asegurémonos de que o noso irmán saiba canto o queremos e o felices que estamos porque volvese onda Xehová (Luc. 15:4-7; 2 Cor. 2:6-8). Outra maneira de imitalos é facendo todo o que poidamos na predicación (Ecl. 11:6). E igual que os anxos nos apoian cando predicamos, busquemos maneiras de apoiar os nosos irmáns. Por exemplo, poderiamos facer plans cun publicador que empezou a predicar hai pouco? Poderiamos pedirlles ós irmanciños maiores ou con problemas de saúde que nos acompañen a predicar?

10. Que aprendemos da experiencia de Sara?

10 E se as túas circunstancias non che permiten facer todo o que che gustaría no servizo a Xehová? Aínda así podes encontrar maneiras de participar cos anxos na predicación. Pensa no exemplo de Sara, unha irmá da India.c Despois de servir como pioneira durante uns 20 anos, púxose enferma e xa non podía camiñar nin levantarse da cama. Como é lóxico, estaba moi deprimida. Pero grazas á lectura regular da Biblia e ó apoio amoroso da súa familia espiritual, Sara volveu a ter unha actitude positiva. Claro, tivo que adaptar a súa predicación ás novas circunstancias. Como non podía nin sentarse para escribir cartas, só podía predicar por teléfono. Así que chamou as súas revisitas e estas puxérona en contacto con outras persoas que posiblemente tamén querían estudar a Biblia. Cal foi o resultado? En tan só uns meses Sara empezou 70 cursos da Biblia! Como non podía estudar con todas estas persoas, fixo plans para que outros irmáns da congregación puidesen atendelas. Moitos dos seus estudantes están asistindo ás reunións. Que felices deben estar os anxos de traballar con irmanciños que, coma Sara, fan todo o que poden na predicación!

OS ANXOS DEMOSTRAN AGUANTE

11. Como demostraron os anxos fieis un aguante excepcional?

11 Os anxos fieis son exemplos excepcionais de aguante. Soportaron a inxustiza e a maldade durante miles de anos. Viron como Satanás e outros anxos que servían con eles se rebelaban contra Xehová (Xén. 3:1; 6:1, 2; Xud. 6). A Biblia cóntanos que un anxo fiel tivo que enfrontarse directamente a un demo poderoso (Dan. 10:13). Ademais, dende os tempos de Adán e Eva, viron como só unha pequena minoría de persoas decidiu servir a Xehová. A pesar de todo, estes anxos fieis seguen servindo a Xehová con alegría e entusiasmo. Saben que cando chegue o momento, Deus eliminará toda inxustiza.

12. Que nos pode axudar a aguantar?

12 Como podemos imitar o aguante dos anxos? Nós tamén vemos moitas inxustizas. Pero, igual que os anxos, estamos convencidos de que Xehová acabará con toda a maldade no momento xusto. Por iso, igual que as criaturas celestiais fieis, “non [nos cansamos] de face-lo ben” (Gál. 6:9). Ademais, Deus promete que nos axudará a aguantar (1 Cor. 10:13). Podemos orarlle para pedir o seu espírito, o cal nos axuda a ser pacientes e a estar alegres (Gál. 5:22; Col. 1:11). E que hai se te enfrontas a oposición? Confía plenamente en Xehová e non teñas medo. Xehová sempre che axudará e sempre che dará as forzas que necesites (Heb. 13:6).

OS ANXOS AXUDAN A MANTER LIMPA A CONGREGACIÓN

13. Que tarefa especial teñen os anxos durante os últimos días? (Mateo 13:47-49).

13 Durante os últimos días, Xehová deulles ós anxos unha tarefa especial (le Mateo 13:47-49). A predicación atrae millóns de persoas de todo o mundo. Algúns fan os cambios necesarios na súa vida para poder vivir de acordo coas normas de Xehová e para poder servilo, pero outros non. Ós anxos encargóuselles separar “os malos dos xustos”, é dicir, que teñen que manter a congregación limpa. Isto non significa que alguén que por algún motivo deixou de asociarse con nós nunca poida volver. Tampouco significa que nunca vai haber problemas na congregación. Pero podemos estar seguros de que os anxos están esforzándose moito para axudar a manter limpa a congregación.

14, 15. Como podemos imitar a preocupación dos anxos por manter limpa a congregación? (Ver tamén as imaxes).

14 Como podemos imitar a preocupación dos anxos por manter limpa a congregación? Necesitamos esforzarnos por manter forte a nosa relación con Xehová. Para iso temos que escoller amigos que o amen e manternos lonxe de calquera cousa que poida danar a nosa amizade con el. Desta maneira contribuímos a manter limpa a congregación (Sal. 101:3). Tamén podemos axudarlles ós irmáns para que se manteñan fieis a Xehová. Por exemplo, que deberiamos facer se descubrimos que un irmán cometeu un pecado grave? Como amamos esa persoa, dirémoslle que necesita falar cos anciáns. Se non o fai, teremos que falar nós con eles. Queremos que o irmán que danou a súa amizade con Xehová reciba axuda o antes posible (Sant. 5:14, 15).

15 Tristemente, se un irmán comete un pecado grave quizais teña que ser sacado da congregación. Neste caso, deixaremos de relacionarnos con el (1 Cor. 5:9-13).d Desta maneira axudaremos a manter limpa a congregación. Por outra parte, ó facer isto demostrarémoslle o noso cariño a esa persoa. Por que? Porque é posible que, ó ver que obedecemos a Xehová e que xa non nos relacionamos con el, se dea conta de que ten que volver onda Deus. Igual que Xehová e os anxos, alegrarémonos moito se o fai (Luc. 15:7).

Serie de imaxes: 1. Dúas irmás sentadas no banco dun parque bebendo café. Mentres unha delas fala a outra mira para outro lado. 2. Máis tarde, a irmá que falaba achégase a dous anciáns no Salón do Reino.

Que deberiamos facer se descubrimos que un irmán cometeu un pecado grave? (Ver o parágrafo 14).e


16. De que maneiras te vas esforzar por imitar os anxos?

16 É un privilexio que Xehová nos permita aprender máis sobre os anxos e tamén colaborar con eles! Imitemos as súas valiosas características: a súa humildade, o seu amor pola xente, o seu aguante e a súa preocupación por manter limpa a congregación. Se imitamos os anxos fieis tamén poderemos formar parte da familia de Xehová para sempre.

COMO PODEMOS IMITAR ESTAS CARACTERÍSTICAS DOS ANXOS?

  • A humildade

  • O amor pola xente

  • A preocupación por manter limpa a congregación

CANCIÓN sjj 123 Sexamos fieis e submisos á orde teocrática

a Dos millóns de anxos que existen, na Biblia só se menciona o nome de dous: Miguel e Gabriel (Dan. 12:1; Luc. 1:19).

b Podes encontrar máis experiencias no vídeo Consello Reitor. Informe 1 de 2021 en jw.org.

c Cambiouse este nome.

d Tal e como se explicou no vídeo Consello Reitor. Informe 2 do 2024, se unha persoa que foi sacada da congregación asiste a unha reunión, un publicador pode usar a súa conciencia educada pola Biblia para decidir se lle vai dar a benvida e saudar brevemente.

e DESCRICIÓN DA IMAXE: Unha irmá pídelle á súa amiga que fale cos anciáns. Despois dun tempo, como a amiga non o fixo, a irmá informa os anciáns do asunto.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir