Recórdalo?
Liches con atención os números da revista A Atalaia deste ano? Intenta responder as seguintes preguntas:
Que nos motiva a darlle gloria a Xehová?
Facémolo porque o respectamos profundamente e porque o queremos moito. Tamén lle damos gloria porque queremos que outros o coñezan (w25.01, páxina 3).
Se alguén nos ofende, como podemos mellorar a nosa capacidade de perdoar?
Non limitándonos a ignorar os nosos sentimentos, senón deixando de estar enfadados e resentidos para evitar que nos faga dano ese rencor (w25.02, páxinas 15 e 16).
Por que é Marcos un bo exemplo para os irmáns xoves?
Marcos aceptou de boa gana unha asignación para servir noutro lugar. Aínda que posiblemente estivese ferido e decepcionado polo que pasara, non se deu por vencido. Esforzouse por ter unha boa relación con Paulo e outros cristiáns maduros (w25.04, páxina 27).
Que quixo dicir Xesús cando dixo en oración: “Deilles a coñecer o teu nome”? (Xoán 17:26).
Os seus discípulos xa coñecían o nome de Deus, pero Xesús deulles a coñecer a persoa que hai detrás do nome de Xehová. Isto inclúe o seu propósito, o que fixo e as súas cualidades (w25.05, páxinas 20 e 21).
Se somos humildes, que recoñeceremos?
Recoñeceremos que hai cousas que non sabemos. Por exemplo, non sabemos cando vai vir a fin ou que fará Xehová entón. Tampouco sabemos o que pasará mañá nin o ben que nos coñece (w25.06, páxinas 15 a 18).
Como podemos sacar proveito dun artigo ou dun discurso público?
Podemos preguntarnos: “Que probas se dan como argumento? Hai algunha boa comparación que poida usar cando ensine? A quen lle podería interesar este tema?” (w25.07, páxina 19).
Que podemos aprender sobre o perdón de Xehová por como tratou a David?
Aínda que David cometeu pecados moi graves, cando se arrepentiu de verdade Xehová perdoouno (1 Reis 9:4, 5). Cando Xehová nos perdoa, non nos recorda os nosos erros nin nolos botará en cara no futuro (w25.08, páxina 14).
Que podes facer se a un estudante lle custa entender algo?
Se hai algo que lle custa entender despois de intentar explicarllo ben coa Biblia, seguide co curso e planificade volver a ese punto máis adiante (w25.09, páxina 24).
Por que di a Biblia que teñamos coidado co “poder enganoso do pecado”? (Heb. 3:13).
O pecado pode tentarnos a facer cousas malas e tamén pode enganarnos para que teñamos dúbidas persistentes, como por exemplo se Xehová nos ama de verdade (w25.10, páxina 16).
Que tres cousas poden facer as nosas oracións máis significativas?
1) Meditar nas cualidades de Xehová. 2) Pensar nos problemas que temos e mencionalos, como quizais a necesidade de perdoar a alguén. 3) Tomarnos o noso tempo para orar. Desta maneira será máis fácil que expresemos como nos sentimos (w25.10, páxinas 19 e 20).
Como podemos axudar ós maiores?
Podemos visitar ou chamar os maiores. Tamén podemos acompañalos ás citas médicas ou participar con eles nas diferentes facetas da predicación (w25.11, páxinas 6 e 7).
Que aspectos son clave para que unha voda cristiá sexa honorable?
Cumpride con calquera requisito legal que sexa relevante. Asegurádevos de que o ambiente da cerimonia e do banquete reflicta os diferentes aspectos do froito do espírito de Deus. Sede modestos coa vosa vestimenta e asegurádevos de evitar costumes pagás. Mantede unha boa comunicación mentres fagades os preparativos para a voda (w25.12, páxinas 21 a 24).