BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr19 novembro páxs. 1-11
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2019)
  • Subtítulos
  • 4-10 DE NOVEMBRO
  • 11-17 DE NOVEMBRO
  • 18-24 DE NOVEMBRO
  • 25 DE NOVEMBRO-1 DE DECEMBRO
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2019)
mwbr19 novembro páxs. 1-11

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

4-10 DE NOVEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | 1 XOÁN 1-5

“Non lle queirades ben ó mundo nin ó que hai nel”

(1 Xoán 2:15, 16) Non lle queirades ben ó mundo nin ó que hai nel. O amor do Pai non pode estar en quen lle queira ben ó mundo. 16 Porque todo o que hai no mundo -as inclinacións ó mal, os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos- non vén do Pai, senón que vén do mundo.

w05 1/1 páx. 10 par. 13

Sigamos o exemplo de Xesús

13 Algúns poden chegar á conclusión de que non todo o que hai neste mundo é malo. Malia ser verdade, é fácil que as distraccións que hai nel nos afasten de servir a Xehová. Ademais, nada do que ofrece está pensado para achegarnos a Deus. Por iso, se lle queremos ben ó que hai nel, mesmo ó que non é malo, estaremos en perigo (1 Tim. 6:9, 10). O certo é que gran parte do que hai no mundo si que é malo e pode botarnos a perder. Por exemplo, se vemos películas e programas de televisión que fomentan a violencia, o materialismo ou a inmoralidade sexual, podemos chegar a pensar que estas condutas e actitudes son aceptables e mesmo sentirnos tentados a practicalas. Do mesmo xeito, se pasamos o tempo con persoas para as que o máis importante é mellorar o seu estilo de vida ou buscar oportunidades de negocio, o máis probable é que acabemos pensando coma elas (Mt. 6:24; 1 Cor. 15:33).

(1 Xoán 2:17) Porque o mundo pasa e as súas cobizas tamén, pero quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre.

w13 15/8 páx. 27 par. 18

Pensa na clase de persoa que deberías ser

18 Algo que tamén nos vai axudar a non quererlle ben “ó mundo ni ó que hai nel” é lembrar o que dixo Xoán: “O mundo pasa e as súas cobizas tamén, pero quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre” (1 Xn. 2:17). O mundo de Satán pode parecer permanente e real, pero non é así. De feito, nada do que hai nel o é. Ha chegar o día no que vai desaparecer. Lembrar isto axudaranos a non deixarnos engaiolar polo que ofrece.

Afondemos nas Escrituras

(1 Xoán 2:7, 8) Meus amigos, non vos comunico un mandamento novo senón un mandamento antigo, que xa tiñades desde o comezo: este mandamento antigo é a Palabra que daquela escoitastes. 8 E, con todo, comunícovos un mandamento novo: esta novidade é verdadeira sexa polo que a Xesús toca, sexa polo que vos toca a vós, porque a escuridade vai desaparecendo e brilla xa a luz verdadeira.

w13 15/9 páx. 10 par. 14

A declaración de Xehová é fiable

14 Nas Escrituras Gregas Cristiás lémbransenos moitas veces que debemos amosarnos amor uns ós outros. De feito, Xesús dixo que o segundo mandamento máis grande é: “Amara-lo teu próximo coma a ti mesmo” (Mt. 22:39). Tamén Santiago, o medio irmán de Xesús, se refería ó amor cando falou da “Lei rexia” (Sant. 2:8). E o apóstolo Xoán escribiu: “Meus amigos, non vos comunico un mandamento novo senón un mandamento antigo, que xa tiñades desde o comezo” (1 Xn. 2:7, 8). Cal era o “mandamento antigo” do que estaba a falar? Referíase ó mandamento de amarse uns ós outros. Era “antigo” porque Xesús falara del “desde o comezo”, é dicir, décadas atrás. Pero tamén era “novo” porque implicaba que os discípulos se sacrificasen polos demais ó afrontar agora novas circunstancias. Nós, como discípulos de Cristo, tamén precisamos valorar os consellos que nos axudan a amar o próximo e a non ser persoas egoístas, actitude tan común no mundo que nos rodea.

(1 Xoán 5:16, 17) Se alguén ve que o seu irmán peca con pecados que non levan á morte, que rece por el e Deus daralle a vida. Refírome ós que cometeron pecados que non levan á morte. Porque hai un pecado que leva á morte; e non é por este polo que eu digo que se rece. 17 Toda inxustiza é pecado, pero hai pecados que non levan á morte.

it-2 páx. 635 par. 8

Perdón

Está ben orarlle a Deus para que perdoe a outros. Mesmo podemos orar para que perdoe unha congregación enteira. De feito, Moisés orou polo enteiro pobo de Israel, confesou o pecado que cometeran e pediulle perdón a Xehová. El escoitouno e perdoou o pobo (Núm. 14:19, 20). Na dedicación do templo, Salomón tamén lle pediu a Xehová que perdoase o pobo cando pecase e recuase das súas malas accións (1 Re. 8:30, 33-40, 46-52). Esdras confesou os pecados dos xudeus repatriados, actuando como o seu representante. A súa oración sentida e as palabras que dixo motivaron o pobo a cambiar e a esforzarse para obter o perdón de Xehová (Esd. 9:13–10:4, 10-19, 44). Pola súa banda, Santiago animou a quen tivese unha doenza espiritual a que fixese traer os anciáns da congregación para que orasen por el. Con que resultado? “Se tiver pecados, perdoaránselle” (Sant. 5:14-16). Así e todo, “hai un pecado que leva á morte” para o cal non hai perdón, o pecado contra o espírito santo. Este consiste na práctica deliberada do pecado. Os cristiáns non deberían orar por quen o cometeu (1 Xn. 5:16; Mt. 12:31; Heb. 10:26, 27; ver tamén ESPÍRITO; PECADO).

Lectura da Biblia

(1 Xoán 1:1–2:6) O que pasou desde o comezo, o que temos oído, o que teñen visto os nosos ollos, o que contemplamos nós e palparon as nosas mans, a saber, a Palabra que é a vida 2 (porque a vida manifestouse e nós vímola e damos testemuño dela, e anunciámosvola a vós: a vida eterna, que estaba na intimidade do Pai e que se nos amosou a nós): 3 iso que temos visto e oído agora tamén volo anunciamos a vós, para que tamén vós teñades parte connosco; pois compartir connosco é compartir co Pai e co seu Fillo Xesús Cristo. 4 Escribímosvos isto para que a nosa alegría sexa ben cumprida. 5 Esta é a mensaxe que lle temos oído a El e que agora vos anunciamos a vós: que Deus é Luz e que nel non hai escuridade ningunha. 6 Se aseguramos que estamos en comunión con El e vivimos na escuridade, mentimos e non practicámo-lo que cremos. 7 Pero se nós vivimos na Luz, do mesmo xeito que El está na Luz, entón estamos en comuñón uns cos outros e o sangue de Xesús, o seu Fillo, estanos purificando de tódolos pecados. 8 Se dicimos que non temos pecado, desviámonos e non temos en nós a verdade. 9 Se recoñecemos publicamente os nosos pecados, fiel e xustificador é Deus; El perdoaráno-los pecados e limparanos de toda ruindade. 10 Se dicimos que endexamais non pecamos, estamos facendo de Deus un mentireiro e non podemos ter connosco a súa revelación.

2 Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes; pero, se algún peca, temos quen nos defenda diante do Pai: Xesús Cristo, o xustificador. 2 El é quen expía os nosos pecados; e non só os nosos senón tamén os de todo o mundo. 3 Sabemos que o coñecemos de verdade polo feito de que cumprimos cos seus mandamentos. 4 O que di: “Eu coñézoo” pero non cumpre cos seus mandamentos, é un mentireiro e non ten en si a verdade revelada. 5 Quen garda a súa Palabra, nel o amor de Deus chega de verdade ó máximo; nisto é onde coñecemos que estamos con El. 6 Quen di que permanece en comuñón con El, ten que comportarse como Xesús se comportou.

“Non lle queirades ben ó mundo nin ó que hai nel”

(1 Xoán 2:15-17) Non lle queirades ben ó mundo nin ó que hai nel. O amor do Pai non pode estar en quen lle queira ben ó mundo. 16 Porque todo o que hai no mundo -as inclinacións ó mal, os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos- non vén do Pai, senón que vén do mundo. 17 Porque o mundo pasa e as súas cobizas tamén, pero quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Que ter en conta ó planificar unha voda

(1 Corintios 10:31) -Ollade: tanto que comades, como que bebades, coma calquera cousa que fagades, facédeo todo para gloria de Deus.

(1 Xoán 2:15, 16) Non lle queirades ben ó mundo nin ó que hai nel. O amor do Pai non pode estar en quen lle queira ben ó mundo. 16 Porque todo o que hai no mundo -as inclinacións ó mal, os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos- non vén do Pai, senón que vén do mundo.

(Gálatas 5:19-21) As obras dos baixos instintos tédelas ben á vista: fornicación, adulterio, libertinaxe, 20 idolatría, bruxerías, xenreiras, liortas, cobiza, retesías, discordias, faccións, 21 envexas, bebedelas, enchentas e cousas polo estilo. Xa vos avisei ben avisados de que non herdarán o Reino de Deus os que tal fagan.

(1 Timoteo 2:9) Do mesmo xeito tamén as mulleres, con vestido decente, con reverencia e modestia, que se adornen non con rizos, nin con ouro, nin margaridas, nin vestidos luxosos,

(Xoán 2:9, 10) E, cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onda viña (os servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo 10 e díxolle: -Todo o mundo pon de primeiras o viño bo e, cando xa están bébedos, o máis cativo; ti, en troques, deixáche-lo viño bo para agora.

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Ideas para conversar

(Xénese 1:27, 28) E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, creouno varón e femia. 28 E bendiciunos así: -“Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos reptís todos da terra”.

(Xosué 21:45) Non fallou unha de tódalas boas promesas que fixera o Señor á casa de Israel: todiñas se cumpriron.

(Apocalipse 21:4) Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa”.

11-17 DE NOVEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | 2 XOÁN 1-13; 3 XOÁN 1-14; XUDAS 1-25

“Esforcémonos na loita pola fe”

(Xudas 3) Queridiños, levado polo empeño que poño en vos escribir encol da nosa común salvación, crin de necesidade dirixirme a vós para vos pedir un esforzo especial na loita pola fe que dunha vez por todas se lle entregou ó pobo santo.

w04 15/9 páxs. 11-12 pars. 8, 9

“Enfortecédevos no Señor”

8 Non descoñecemos as intencións do Demo. E na Biblia explícanse cales son as súas tácticas habituais (2 Cor. 2:11). As que usou con Xob foron: graves problemas económicos, a morte de seres queridos, oposición de parte da familia, dor física e críticas sen base por parte de falsos amigos. Como consecuencia, Xob afundiuse na tristura e pensou que Deus o abandonara (Xob 10:1, 2). No noso tempo, poida que moitos destes problemas non os cause Satán directamente. Inda así, aféctanlles a moitos irmáns, e o Demo pode tirar proveito disto para a súa comenencia.

9 Vivimos nos días derradeiros e cada vez hai máis elementos que poñen en perigo a nosa relación con Xehová. Para as persoas deste mundo é moito máis importante procurar riquezas que buscar agradarlle a Deus. Os medios de comunicación constantemente transmiten a idea de que as relacións sexuais inmorais son unha fonte de felicidade e que non traen consecuencias dolorosas. Ademais, a maioría da xente é “máis amante do pracer ca de Deus” (2 Tim. 3:1-5). Se non facemos “un esforzo especial na loita pola fe”, a maneira de pensar deste mundo pode debilitarnos (Xds. 3).

Afondemos nas Escrituras

(Xudas 14, 15) Destes tamén profetizou Henoc, o sétimo despois de Adam, cando dixo: “Velaquí vén o Señor rodeado de milleiros de anxos, 15 para facer xuízo a todos e para demostrarlles a tódolos malvados as impiedades todas que ruínmente fixeron e tódolos arruallos que contra El esbardallaron estes impíos pecadentos”.

wp17.1 páx. 12 par. 3

“Deus estaba moi contento con el”

Pensar na fe de Henoc pode facer que nos preguntemos se vemos o mundo igual ca Xehová. A mensaxe que Henoc predicou con afouteza segue vixente, e é tan válida hoxe como o foi na súa época. No pasado cumpriuse cando, mediante o Diluvio, Xehová acabou con aquel mundo afastado del. Aquel acontecemento puxo o modelo para unha destrución moito maior que acontecerá no futuro (Mt. 24:38, 39; 2 Pe. 2:4-6). Na actualidade, Xehová tamén está preparado para, xunto con milleiros de anxos, executar a súa sentenza contra este mundo malvado. Agora nós debemos tomar a peito a mensaxe de Henoc e compartila con outras persoas. Poida que a familia ou os amigos nos deixen de lado, e que ás veces nos sintamos sós. Pero podemos estar seguros de que, do mesmo xeito que Xehová nunca deixou a Henoc, xamais abandonará os seus servos fieis.

(Xudas 21) mantédevos no amor de Deus, agardando que a misericordia do noso Señor Xesús Cristo vos dará a vida eterna.

lv páx. 5 par. 3

3 Xehová quere que sempre teñamos o seu amor. Agora depende de nós telo ou non. A Palabra de Deus di: “Mantédevos no amor de Deus, agardando que a misericordia do noso Señor Xesús Cristo vos dará a vida eterna” (Xds. 21). A expresión “mantédevos” indica que é preciso facer algo. De feito, debemos corresponderlle de xeitos moi concretos. Por iso é importante que nos preguntemos: “Como podo demostrar que amo a Deus?”. A resposta atopámola no que dixo o apóstolo Xoán: “Porque o amor a Deus consiste en cumprir cos seus mandamentos. Os mandamentos de Deus non son pesados” (1 Xn. 5:3). Como queremos amosarlle a Deus o moito que lle queremos, vexamos que queren dicir exactamente estas palabras.

Lectura da Biblia

(2 Xoán 1-13) Eu, o Presbítero, escríbolle á señora elixida e mais ós seus fillos, ós que quero na verdade -e non só eu senón tódolos que recoñecen a verdade-, 2 gracias á verdade que está dentro de nós e que nos acompañará sempre. 3 Obra da verdade e mais do amor será que nos acompañen o favor, a misericordia e a paz que nos vén de Deus Pai e de Xesús Cristo, o Fillo do Pai. 4 Algúns dos teus fillos déronme unha alegría moi grande, cando vin que vivían na verdade, conforme o que o Pai nos mandou. 5 Agora, pídoche, señora, que nos queiramos ben uns ós outros; e con isto non che anuncio un mandamento novo senón o mandamento que recibimos desde un principio. 6 O amor consiste nisto: en vivirmos conforme os seus mandamentos. Este é o mandamento que oístes desde o principio para que vivades conforme el. 7 Agora andan polo mundo moitos seductores que non profesan que Xesús Cristo veu en carne mortal: ¡Velaí o seductor e o Anticristo! 8 Mirade por vós mesmos: para non perdérde-lo que traballastes, senón para recibírde-la paga enteira. 9 Todo aquel que se pasa da raia e non segue a doutrina de Cristo, non ten a Deus consigo. Quen segue a doutrina, ten consigo o Pai e mailo Fillo. 10 Se vos fai unha visita alguén que non traia esta doutrina, nin lle ofrezades pousada nin lle deáde-la “benvida”; 11 quen lle dea a “benvida”, faise cómplice das malas obras do tal. 12 Aínda que teño moitas cousas para vos dicir, non o quero facer con papel e tinta. Espero irvos ver e falarvos cara a cara, para que, deste xeito, a nosa alegría sexa completa. 13 Saúdante os fillos da túa irmá, a elixida.

“Esforcémonos na loita pola fe”

(Xudas 3) Queridiños, levado polo empeño que poño en vos escribir encol da nosa común salvación, crin de necesidade dirixirme a vós para vos pedir un esforzo especial na loita pola fe que dunha vez por todas se lle entregou ó pobo santo.

(Lucas 13:24) -Loitade para entrardes pola porta estreita, porque vos aseguro que moitos intentarán entrar e non poderán.

(Xudas 6, 7) E tamén que os anxos que non mantiveran a súa dignidade e abandonaran a súa morada, tenos gardados nas tebras, encadeados con cadeas eternas ata o día do gran xuízo. 7 O mesmo ca Sodoma e Gomorra e as cidades veciñas que, por se deixaren levar coma eles por inmoralidades e por vicios contrarios á natureza, están coma escarmento sufrindo o castigo do lume eterno.

(Xudas 8, 9) Pois estes, igual: deixándose levar das súas matinacións, lixan a carne, aldraxan o Señorío e maldín os Seres Gloriosos. 9 O mesmo arcanxo Miguel, cando andaba ás retesías co demo, discutindo sobre o corpo de Moisés, non tivo o atrevemento de lle botar unha sentencia aldraxante senón que dixo: “Que o Señor te reprenda”.

(Xudas 20, 21) Pero vós, queridiños, edificádevos enriba dos alicerces da vosa fe santísima; rezade no Espírito Santo; 21 mantédevos no amor de Deus, agardando que a misericordia do noso Señor Xesús Cristo vos dará a vida eterna.

18-24 DE NOVEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | APOCALIPSE 1-3

“Coñezo as túas obras”

(Apocalipse 1:20) O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.

w12 15/10 páx. 13 par. 8

Que espírito inflúe en nós?

8 Para evitar o espírito do mundo, é bo que lembremos o que di a Biblia sobre Xesús: “Na man dereita tiña sete estrelas”. Estas “estrelas” representan os anciáns unxidos e, por extensión, tódolos anciáns das congregacións. Xesús pode dirixir estas “estrelas” que ten na súa man do xeito que el estime máis oportuno (Ap. 1:16, 20). Como cabeza da congregación, ten a autoridade sobre os anciáns. A Biblia di que os seus ollos son “coma chama de lume”, así que cando algún ancián precisa que se lle corrixa, Xesús encárgase de que se faga no momento e da forma máis axeitada (Ap. 1:14). Namentres, seguimos respectando os que son nomeados por medio do espírito santo. Seguimos o consello de Paulo: “Facédelles caso e sometédevos ós vosos dirixentes, que eles se desvelan pensando en vós. Xa que teñen que dar contas de vós, que as dean con alegría e non xemendo, que estes xemidos non vos farían ben ningún” (Heb. 13:17).

(Apocalipse 2:1, 2) Ó anxo da Igrexa de Éfeso escríbelle: Isto di quen apreixa coa súa dereita as sete estrelas, quen pasea entre os sete candelabros de ouro. 2 Coñezo as túas obras e fatigas e maila túa enteireza e vexo que non podes atura-los malos. Puxeches á proba ós que se teñen por apóstolos sen seren apóstolos e ti atopáchelos falsos.

w12 15/4 páx. 29 par. 11

Xehová protéxenos “en vistas á salvación”

11 A visión rexistrada en Apocalipse capítulos 2 e 3 amosa a Xesucristo como Rei nos ceos inspeccionando as sete congregacións de Asia Menor. Proba que Cristo non só ten unha idea xeral do que está a pasar, senón que está ó tanto de situacións específicas. Incluso se mencionan algunhas persoas por nome. Ademais, dálles a tódalas congregacións o consello e o ánimo que precisan. Que aprendemos disto? Esta visión cúmprese a partir de 1914. As sete congregacións representan os cristiáns unxidos, e os consellos que se lles dan son aplicables por extensión a tódalas congregacións do mundo. Así que podemos chegar á conclusión de que Xehová, por medio do seu Fillo, está a dirixir o seu pobo. Que debemos facer para tirar proveito da súa guía?

w01 15/1 páx. 20 par. 20

Avancemos coa organización de Xehová

20 Para avanzar da man da organización de Xehová precisamos recoñecer a función que Deus lle deu a Xesucristo como cabeza da congregación (Ef. 5:22, 23). É de destacar que Xehová en Isaías 55:4 (Sagra Biblia en Galego) lle chama “capitán e mestre” de nacións. Xesús, como capitán, sabe dirixir a outros. Tamén sabe como son e o que fan as súas ovellas. De feito, cando inspeccionou as sete congregacións de Asia Menor, dixo cinco veces: “Coñezo as túas obras” (Ap. 2:2, 19; 3:1, 8, 15). Ademais, Xesús sabe o que precisamos, igual ca Xehová. Antes de ensinar a oración modelo Xesús dixo: “Voso Pai ben sabe o que precisades xa antes de que llo pidades” (Mt. 6:8-13).

Afondemos nas Escrituras

(Apocalipse 1:7) Velaquí vén nas nubes, e todo ollo o verá, mesmo aqueles que o traspasaron: por el baterán no peito tódalas razas da terra. Certo. Amén.

kr páx. 226 par. 8

O Reino de Deus acabará cos seus inimigos

8 A profecía de Xesús sobre os días derradeiros indica que, na fase previa ó Harmaguedón, sucederán varios acontecementos importantes. Os primeiros dous que imos analizar menciónanse nos evanxeos segundo Mateo, Marcos e Lucas (le Mateo 24:29-31; Mc. 13:23-27; Lc. 21:25-28).

kr páx. 226 par. 10

O Reino de Deus acabará cos seus inimigos

10 O xuízo. A tódolos inimigos do Reino de Deus non lles quedará máis remedio que presenciar un acontecemento que fará medrar a súa angustia. Xesús explicou: “Entón verán vi-lo Fillo do Home sobre as nubes con grande poder e gloria” (Mc. 13:26). Esta demostración sobrenatural de poder indicará que Xesús chegou para xulgar a humanidade. Noutra parte da profecía sobre os días derradeiros, Xesús dá máis detalles sobre este xuízo futuro. Atopámolos na parábola das ovellas e das cabras (le Mateo 25:31-33, 46). As persoas que apoian lealmente o Reino de Deus serán declaradas “ovellas”. Por iso, erguerán ben a cabeza porque se decatarán de que chega o día da súa liberación (Lc. 21:28). Porén, os inimigos do Reino serán declarados “cabras” e “daranse golpes no peito”, porque saberán que a súa destrución eterna está a piques de chegar (Mt. 24:30; Ap. 1:7).

(Apocalipse 2:7) Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. Ó vencedor heille dar a comer da árbore da vida, que está no xardín de Deus.

w09 15/1 páx. 31 par. 1

Ideas interesantes do libro de A Apocalipse

2:7. Que é o “xardín de Deus”? Estas palabras escribíronse para os cristiáns unxidos, así que este “xardín” ten que ser o ceo, o lugar onde está Xehová. Recompensarase ós cristiáns unxidos que sexan fieis dándolles de “comer da árbore da vida”. Isto quere dicir que recibirán a inmortalidade (1 Cor. 15:53).

Lectura da Biblia

(Apocalipse 1:1-11) Revelación de Xesús Cristo que Deus lle outorgou, para que el lles mostrase ós seus servos o que ten que acontecer axiña. E fíxoa coñecer, mandándolla polo seu anxo ó seu servo Xoán, 2 que é testemuña da palabra de Deus e do propio testemuño de Xesús Cristo, dicindo canto viu. 3 Benia quen lea e quen escoite esta profecía e faga caso do que nela queda escrito, porque está no seu cumprimento. 4 Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia gracia e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono; 5 e de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro en renacer da morte e soberano dos reis da terra. A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue 6 e que nos converteu nun reino, en sacerdotes para o seu Deus e Pai: a el a gloria e mailo poder polos séculos dos séculos. Amén. 7 Velaquí vén nas nubes, e todo ollo o verá, mesmo aqueles que o traspasaron: por el baterán no peito tódalas razas da terra. Certo. Amén. 8 Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén. 9 Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús. 10 Caín en arroubo o día do Señor e oín detrás miña un berro forte, coma dunha trompeta, 11 que dicía: “o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Efeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea”.

“Coñezo as túas obras”

(Apocalipse 1:20) O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.

(Apocalipse 2:1, 2) Ó anxo da Igrexa de Éfeso escríbelle: Isto di quen apreixa coa súa dereita as sete estrelas, quen pasea entre os sete candelabros de ouro. 2 Coñezo as túas obras e fatigas e maila túa enteireza e vexo que non podes atura-los malos. Puxeches á proba ós que se teñen por apóstolos sen seren apóstolos e ti atopáchelos falsos.

(Mateo 5:14) Vós sóde-la luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade afincada na cima dun monte.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Xehová sabe o que precisamos

(Mateo 24:45) ¿Quen é o criado fiel e prudente, a quen o Señor encargou o coidado de dar de comer á servidume no seu debido tempo?

25 DE NOVEMBRO-1 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | APOCALIPSE 4-6

“Os cabaleiros da Apocalipse”

(Apocalipse 6:2) E mirei e vin un cabalo branco. O seu cabaleiro tiña un arco. Déuselle unha coroa e saíu coma vencedor e para seguir vencendo.

wp17.3 páx. 4 par. 3

Que representan os catro cabaleiros da Apocalipse?

Quen é o cabaleiro do cabalo branco? A clave para identificalo atopámola no mesmo libro de A Apocalipse. Máis adiante di que é a “Palabra de Deus” (Ap. 19:11-13). Este título, a Palabra, refírese a Xesucristo, pois é o voceiro de Deus (Xn. 1:1, 14). Tamén se lle chama “Rei de reis e Señor de señores”, e dise del que é “Fiel e Verdadeiro” (Ap. 19:11, 16). Non hai dúbida de que ten a autoridade para actuar como un rei guerreiro. Non é un rei corrupto, nin que abuse do seu poder. Agora poden xurdir algunhas preguntas.

wp17.3 páx. 4 par. 5

Que representan os catro cabaleiros da Apocalipse?

Cando comezaron a cabalgar estes catro cabaleiros? Xesús, o primeiro deles, comezou cando se lle deu unha coroa (Ap. 6:2). Cando foi coroado como rei nos ceos? Non foi cando, despois de morrer, volveu ó ceo. A Biblia explica que daquela comezou un tempo de espera (Heb. 10:12, 13). Entón, cando remataría a espera e daría inicio o goberno de Xesús nos ceos? El explicoulles ós seus seguidores como sabelo. Dixo que para ese tempo as condicións mundiais terían empeorado moito. Habería guerras, fames e pestes (Mt. 24:3, 7; Lc. 21:10, 11). Pouco despois do comezo da primeira guerra mundial en 1914, fíxose evidente que chegara ese momento. Dera comezo un período difícil da historia, ó que a Biblia lle chama “os días derradeiros” (2 Tim. 3:1-5).

(Apocalipse 6:4-6) E saíu outro cabalo vermello. Ó seu cabaleiro déuselle poder de quita-la paz da terra e facer que se degolen uns ós outros e déuselle tamén unha espada grande. 5 E cando abriu o terceiro selo, oín que o terceiro animal dicía: “Ven”. E mirei e vin un cabalo negro. O seu cabaleiro tiña unha balanza na man. 6 E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: “¡Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal”.

wp17.3 páx. 5 par. 2

Que representan os catro cabaleiros da Apocalipse?

O cabaleiro do cabalo vermello representa a guerra. Explícase que se lle dá poder para quitar a paz de toda a terra, e non só dunhas poucas nacións. En 1914 o mundo enteiro entrou en guerra, algo que nunca antes acontecera. Logo, comezou a segunda guerra mundial, que foi inda máis destrutiva. Algúns calculan que, dende 1914, a cantidade de mortos como consecuencia de guerras e conflitos armados é de máis de cen millóns. Ademais, moitísimas persoas sufriron lesións que lles deixaron secuelas de por vida.

wp17.3 páx. 5 pars. 4, 5

Que representan os catro cabaleiros da Apocalipse?

“E mirei e vin un cabalo negro. O seu cabaleiro tiña unha balanza na man. E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: ‘¡Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal’” (Ap. 6:5, 6).

Este cabaleiro representa a fame. O racionamento de comida do que se fala aquí é tan grave que un cuarto de ferrado (o que naquel tempo equivalería a uns 0,7 kg) de trigo venderíase por un denario, que era a paga dun día de traballo no primeiro século (Mt. 20:2). Tres cuartos de ferrado (o que naquel tempo equivalería a uns 2,1 kg) de cebada, un cereal que se consideraba de menor calidade que o trigo, tamén custarían un denario. Como podería sobrevivir con iso unha familia numerosa? Despois, tamén di que racionen o viño e o aceite, produtos básicos na cultura daquel tempo.

(Apocalipse 6:8) E mirei e vin un cabalo cardoso. O seu cabaleiro chámase Morte e seguíao o Hades. Déuselle o poder sobre a cuarta parte da terra, para matar coa espada, coa fame, co andazo e coas feras da terra.

wp17.3 páx. 5 pars. 8-10

Que representan os catro cabaleiros da Apocalipse?

O cuarto cabaleiro representa a morte por epidemias e outras causas. Pouco despois de 1914, a gripe española causoulles a morte a moitos millóns de persoas. Calcúlase que, no mundo, se contaxiaron uns cincocentos millóns, aproximadamente unha de cada tres persoas.

E a gripe española foi só o comezo. Os expertos calculan que no século XX centos de millóns de persoas morreron a causa da varíola. Mesmo hoxe en día, malia os avances da medicina, millóns de persoas morren prematuramente por culpa da sida, a tuberculose e a malaria.

O resultado sempre é o mesmo. Xa sexa polas guerras, a fame ou as epidemias, as persoas morren. Sen compaixón algunha, o Hades segue a xuntar vítimas, sen darlles esperanza ningunha.

Afondemos nas Escrituras

(Apocalipse 4:4) Arredor do trono vin vintecatro tronos e, sentados nos tronos, vintecatro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas.

(Apocalipse 4:6) Había diante do trono coma un mar lampexante, semellante ó cristal. E diante do trono e arredor do trono, catro animais, cheos de ollos por diante e por detrás.

re páx. 76 par. 8

O grandioso trono de Xehová

8 Xoán sabía que, antigamente, había sacerdotes encargados de servir no tabernáculo. Por iso, poida que lle sorprendese o que viu. El explica: “Arredor do trono vin vintecatro tronos e, sentados nos tronos, vintecatro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas” (Ap. 4:4). Así que, no canto de sacerdotes, había 24 anciáns. Foran coroados coma reis e estaban sentados nos seus tronos. A quen representan estes anciáns? Representan ós cristiáns unxidos resucitados, ocupando o posto que Xehová lles prometera nos ceos. Como o sabemos?

re páx. 80 par. 19

O grandioso trono de Xehová

19 A quen representan os animais? Ezequiel tivo outra visión que nos axuda a atopar a resposta. Viu a Xehová no seu carro celestial acompañado de seres viventes con características semellantes ás dos animais que describiu Xoán (Ez. 1:5-11, 22-28). Máis adiante, Ezequiel volveu ver o carro celestial xunto cos seres viventes. Nesta ocasión di que son querubíns (Ez. 10:9-15). Os catro animais que viu Xoán teñen que representar os querubíns de Deus, que son moitos. Son seres de alto rango na organización celestial de Xehová. A Xoán non lle estrañaría ver querubíns tan preto de Deus. De feito, no tabernáculo había dous querubíns de ouro coas ás estendidas enriba da cuberta da arca do pacto, a cal representaba o trono de Xehová. Alí, onde estaban os querubíns, “entre os dous querubíns que están encima da arca”, Xehová dáballe mandamentos á nación (Éx. 25:22; Sal. 80:2 [80:1, NM]).

(Apocalipse 5:5) Pero díxome entón un dos anciáns: “Non chores, ei-lo león da raza de Xudá e retoño da raíz de David: venceu, e deste xeito pode abri-lo libro e os seus sete selos”.

cf páx. 36 pars. 5, 6

“Ei-lo león da raza de Xudá”

5 Adóitase asociar o león coa valentía. Estiveches diante dun león adulto algunha vez? Seguramente fose nun zoolóxico, separados por unha reixa. Inda así, seguro que che causou impresión. Ó ver o enorme e rexo que é, e a súa impactante mirada, non o imaxinas recuando ou fuxindo. A Biblia di: “O león, o heroe de entre as feras, que diante de ninguén recúa” (Pr. 30:30). Cristo é igual de valente.

6 Agora imos analizar tres xeitos nos que Xesús demostrou unha valentía semellante á do león: ó defender a verdade, ó promover a xustiza e ó afrontar oposición. Tamén veremos que todos, sexamos valentes de noso ou non, podemos imitar esta calidade de Xesús.

Lectura da Biblia

(Apocalipse 4:1-11) Despois disto mirei e vin unha porta aberta no ceo; e a primeira voz, que oíra coma unha trompeta, falando comigo, dicíame: “Sube aquí que che vou amosa-lo que ten que acontecer despois disto”. 2 Axiña caín en arroubo. E velaquí un trono posto no ceo e un sentado no trono. 3 A fasquía do que estaba sentado era coma a pedra de xaspe e de sardónica e cunha aureola arredor do trono, semellante ó aspecto da esmeralda. 4 Arredor do trono vin vintecatro tronos e, sentados nos tronos, vintecatro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas. 5 Do trono saían lóstregos, berros e trebóns. Sete fachos de lume ardían diante do trono, que son os sete espíritos de Deus. 6 Había diante do trono coma un mar lampexante, semellante ó cristal. E diante do trono e arredor do trono, catro animais, cheos de ollos por diante e por detrás. 7 O primeiro animal, igual ca un león; o segundo, semellante a un xato; o terceiro, tiña a cara coma de home; e o cuarto, semellante a unha aguia voando. 8 E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: “Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir”. 9 E cada vez que lle daban gloria, honra e gracias a quen está sentado no trono, que vive polos séculos dos séculos, 10 os vintecatro anciáns axeonllábanse ante o que está sentado no trono e adoraban o que vive polos séculos dos séculos e botaban diante do trono as súas coroas, dicindo ó mesmo tempo: 11 “Merecente es, noso Señor e Deus, de recibir gloria, honra e poder, porque ti es quen o creaches todo: pola túa vontade existe e foi creado”.

“Os cabaleiros da Apocalipse”

(Apocalipse 6:2) E mirei e vin un cabalo branco. O seu cabaleiro tiña un arco. Déuselle unha coroa e saíu coma vencedor e para seguir vencendo.

(Apocalipse 6:4-6) E saíu outro cabalo vermello. Ó seu cabaleiro déuselle poder de quita-la paz da terra e facer que se degolen uns ós outros e déuselle tamén unha espada grande. 5 E cando abriu o terceiro selo, oín que o terceiro animal dicía: “Ven”. E mirei e vin un cabalo negro. O seu cabaleiro tiña unha balanza na man. 6 E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: “¡Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal”.

(Apocalipse 6:8) E mirei e vin un cabalo cardoso. O seu cabaleiro chámase Morte e seguíao o Hades. Déuselle o poder sobre a cuarta parte da terra, para matar coa espada, coa fame, co andazo e coas feras da terra.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Deus ama ó que dá con alegría”

(2 Corintios 9:7) Que cadaquén dea segundo o que teña decidido no corazón, non contra gusto nin por compromiso, que Deus ama ó que dá con alegría.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir